Acción humanitaria
© Juan Carlos TomasiA acción humanitaria é un xesto solidario de sociedade civil a sociedade civil, de persoa a persoa, cuxa única finalidade é preservar a vida e aliviar o sufrimento doutros seres humanos.
A diferenza doutras áreas da solidariedade internacional, este tipo de axuda non aspira a transformar unha sociedade, senón a permitirlle superar un período crítico: o seu obxectivo son as persoas, non os estados. Por iso as nosas intervencións son limitadas no tempo.
O compromiso humanitario de MSF é desinteresado, non lucrativo e respecta os seguintes principios, que se traducen sobre o terreo en condicións básicas para a prestación da axuda:
- Humanidade. Asegurar un trato humano e digno a quen recibe a asistencia, en toda circunstancia e por razóns unicamente humanitarias.
- Imparcialidade. Asistir os máis necesitados cun espírito universal e sen ningunha discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política.
- Independencia. A axuda debe estar libre de presións e intereses políticos, económicos, militares ou relixiosos.
- Neutralidade. As operacións de axuda non deben constituír en si mesmas un acto hostil ou que busque favorecer a algunha das partes.
- Acceso libre e independente ás poboacións en situacións de crise.
- Avaliación imparcial das necesidades humanitarias de ditas poboacións.
- Universalidade e proporcionalidade da axuda ás necesidades detectadas.
- Libre elección das accións e medios a empregar para a prestación de asistencia.
- Responsabilidade, supervisión e control da asistencia prestada.
