ESP / CAT / EUS

Atopa aquí recursos para crear unha iniciativa solidaria imaxinativa e orixinal que recade fondos para seguir axudando a quen máis nos necesita.

  • Médicos Sin Fronteras es una organización médico-humanitaria internacional sin ánimo de lucro, que asiste a  poblaciones supervivientes íctimas de desastres naturales o humanos y de conflictos armados, con total independencia y sin ninguna discriminación

    Quen somos

    Que é Médicos Sen Fronteiras

    Médicos Sen Fronteiras é unha organización médico-humanitaria internacional sen ánimo de lucro, que asiste a poboacións superviventes vítimas de desastres naturais ou humanos e de conflitos armados, con total independencia e sen ningunha discriminación por raza, sexo, relixión, filosofía ou política.

    Actualmente estamos presentes en máis de 70 países, moitos deles inmersos en situacións de graves conflitos ou crises migratorias como Afganistán, ou como consecuencia de desastres naturais como Haití.

    Para poder seguir desenvolvendo este labor, necesitamos a colaboración cidadá. Máis do 95 % dos nosos ingresos é de orixe privada e os fondos destínanse á nosa misión social (acción médica e testemuña) e ás tarefas de administración e captación necesarias para cumprila.

  • Creadores sin fronteras escuela

    Que che ofrecemos

    Que é Creadores Sen Fronteiras

    ‘Creadores Sen Fronteiras’ é un proxecto educativo e de sensibilización que involucra aos alumnos e alumnas dos centros escolares para traballar valores, desenvolver a creatividade e fomentar o traballo en equipo como grupo-aula.

    Isto inclúe a creación de iniciativas solidarias imaxinativas e orixinais, propostas e desenvolvidas por eles e elas a modo de colaboración colectiva. Espectáculos, exposicións, eventos deportivos, xornadas conmemorativas… Todo ten cabida!

    Que achega educativamente

    A posta en marcha dunha iniciativa solidaria é unha oportunidade para que os docentes dos centros educativos poidan educar en valores. Basease na aprendizaxe e no servizo e fomenta a creatividade e o traballo en equipo entre o alumnado.

    Ademais, ao crear unha iniciativa, os nenos e nenas transfórmanse en axentes de cambio social e converten as súas ideas en auténticas ‘medicinas’ sen as cales o labor de Médicos Sen Fronteiras non sería posible.

    Así mesmo, animar a que os escolares traspasen os límites da aula e informen da iniciativa na súa contorna próxima contribúe a desenvolver a asunción de responsabilidades e fomenta a competencia social e cidadá, así como a autoestima, a confianza en si mesmos, o sentido crítico e a toma de conciencia sobre a súa implicación e participación na sociedade actual.

    Ficha didáctica

    A campaña escolar ‘Creadores Sen Fronteiras’ conta cun material de apoio que axuda aos docentes e ao alumnado a que a súa iniciativa solidaria en liña tome forma, sensibilizando á súa contorna sobre o proxecto elixido polo grupo-aula.

    Dentro da ficha didáctica, o docente atopará as pautas para desenvolver a actividade, así como dinámicas prácticas de grupo para levala a cabo.

  • Creadores sin fronteras

    Dá un paso máis

    Que son as iniciativas solidarias

    Coas iniciativas solidarias, poderedes recadar diñeiro para a vosa causa favorita de Médicos Sen Fronteiras a través de propostas que desenvolvades en clase. Poderedes sumar ao centro escolar e a toda a vosa contorna para que colaboren coa causa.

    Só tedes que elixir, entre os catro ámbitos de actuación propostos, a cal queredes que se destinen os fondos recadados:

    - Vítimas de conflitos

    - Desnutrición

    - Vacinación infantil

    - Desastres naturais

    Despois, teredes que pensar entre todos e todas unha iniciativa a través da cal recadaredes os fondos. Pode ser un aniversario, un evento cultural polo que cobredes entrada, un encontro deportivo, un pequeno mercado ou calquera idea orixinal que se vos ocorra. Sodes creadores sen fronteiras!

    Unha vez pensada, ide á páxina msf.es/iniciativas e subide a vosa iniciativa, ou contactade connosco chamando ao 900 494 266 ou enviando un correo electrónico a escolas@msf.org e contádenos a vosa idea.

    Descarga materiais para a aula

    Descarga a ficha didáctica e os vídeos‘Coñece Médicos Sen Fronteiras’ e ‘Pasa á acción’ para poder dar forma á túa iniciativa solidaria.

Poñemos á túa disposición un equipo de asesores/as para que te axuden e guíen no proceso de poñer en marcha esta proposta educativa nas túas aulas. Para poñerte en contacto connosco podes facelo mediante o correo electrónico escolas@msf.org ou no teléfono gratuíto 900 494 760.