Estrutura Internacional
Detrás de cada proxecto sobre o terreo, hai un enorme traballo de xestión, coordinación, financiamento e administración, recrutamento e formación de recursos humanos, loxística, soporte técnico, captación de fondos e comunicación. Este traballo lévase a cabo a través das 19 seccións de MSF en todo o mundo:

O traballo das seccións coordínase co da oficina internacional en Xenebra, dúas oficinas de enlace coa ONU en Xenebra e Nova York, así como o doutras oficinas de apoio en áreas estratéxicas. Ademais dun modelo asociativo, operacional, organizativo e financeiro, todas as seccións de MSF comparten información, apoio técnico e servizos específicos a través das chamadas organizacións satélite:
- Épicentre. Investigación epidemiolóxica e resposta a enfermidades emerxentes. www.epicentre.msf.org
- État d’Urgence Productions. Produción de materiais audiovisuais.
- Evaluation Unit. Avaliación e seguimento de proxectos.
- Manson Unit. Soporte médico especializado a proxectos.
- MSF Fondation. Promoción da acción humanitaria e formación de persoal. Sede do Centre de Réflexion sur l'Action et les Savoirs Humanitaires – CRASH.
- MSF-Logistique. Central de compras e loxística internacional.
- MSF-Supply. Central de compras e aprovisionamento humanitario.
