-
© Ana Lemos/MSF Testamento solidario
Somos a túa familia máis afastada
¿Qué es un testamento solidario?
El testamento solidario es una manera muy especial y personal de colaborar con una ONG como Médicos Sin Fronteras. Se trata de incluir una causa solidaria en tu testamento, ya sea designando a una o varias ONG como herederas de todos tus bienes o dejando un parte con un legado concreto.
Cuando decides convertir tu testamento en un testamento solidario incluyendo a Médicos Sin Fronteras, en un futuro no solo seguirás apoyando a tus seres queridos, sino que también harás que la ayuda médica de emergencia siga llegando a quienes más la necesitan.
Gracias a tu testamento solidario, tu generosidad seguirá expandiéndose y tendrá un impacto significativo en la vida de muchísimas personas.
Como se fai un testamento solidario?
-
Infórmate e reflexiona
Pensa que che gustaría deixar. Calquera achega terá un impacto na vida das persoas ás que atendemos. Se precisas máis información ou resolver calquera dúbida, ofrecémosche asesoramento legal de balde e con total confidencialidade.
Acude ó notario
Para que redacten o teu testamento solidario terás que pedir cita ó notario e terá un custo duns50 euros aproximadamente. É a mellor forma de asegurar que a túa vontade se cumprirá fielmente no futuro. Non esquezas incluír correctamente os datos de Médicos Sen Fronteiras. Sobre todo, lembra gardar unha copia.
Comunícanolo
Se decidiches incluír a Médicos Sen Fronteiras no teu testamento comunícanolo para que poidamos cumprir coa túa vontade. Ademais, recomendámosche que llocontes a alguén da túa confianza para que nolo comunique chegado o momento.
Que podo deixar en herdanza?
Calquera achega axudará a crear un futuro mellor e permitiranos salvar vidas. Poden ser:
-
Bens financeiros
Unha cantidade de diñeiro concreta de contas correntes, valores, bonos, accións...
Herdanza total ou parcial
Unha porcentaxe total da túa herdanza ou designar a Médicos Sen Fronteiras como única herdeira.
Bens inmobles
Apartamentos, terreos, garaxes, edificios...
Bens mobles
Obras de arte, automóbiles e outros obxectos de valor
Maite Alzueta
Responsable do Testamento Solidario
5 dúbidas sobre o testamento solidario
Resolve con este vídeo as 5 dúbidas máis frecuentes sobre o testamento solidario.
Por que incluír a Médicos Sen Fronteiras no teu testamento?
- Porque proporcionamos axuda médico-humanitaria ás persoas máis vulnerables garantindo a excelencia médica nos lugares máis remotos
- Porque somos unha organización transparente onde a rendición de contas e a ética de gasto son a nosa prioridade
- Porque somos unha organización independente de todo poder político e económico. O 99% dos nosos fondos son privados
- Porque atendemos baixo os principios de neutralidade, imparcialidade e non discriminación
- Porque denunciamos as situacións que presenciamos para provocar cambios a favor das poboacións ás que asistimos
- Porque sempre respectaremos o teu desexo e estaremos á altura da túa confianza
Descubre o que podemos facer coa túa achega
O teu xesto cambiará o futuro
Coñece as motivacións que levaron a Ana a incluírnos no seu testamento solidario
Preguntas frecuentes
O que debes saber para realizar un testamento
1. Como se fai un testamento solidario e canto custa?
Primeiro de todo, reflexiona e infórmate para tomar a decisión que máis se adecúe á túa situación persoal, coa que te sintas cómodo ou cómoda e, sobre todo, que reflicta a túa vontade. Se precisas información, en Médicos Sen Fronteiras ofrecémosche axuda e atéasesoramento legal de balde.
Cando o teñas claro, debes pedir cita nunha notaría, para que redacten o testamento segundo o que decidas e marque a lei. O custo deste trámite é duns 50 €.
Unha vez revisado e incluídos os datos correctos de Médicos Sen Fronteiras, debes asinalo. Na notaría poderás pedir unha copia do teu testamento, para que o poidas gardar nun lugar seguro.
Cando xa teñas feito o teu testamento solidario, recomendámosche que nolo comuniques e nos envíes unha copia simple, para poder dispoñer dela cando sexa preciso. Médicos Sen Fronteiras garánteche unha privacidade total en todo o relacionado co teu testamento.
2. Que é un legado?
É a asignación a unha persoa física ou xurídica determinada dun ou varios bens (inmobles, coches, obras de arte, xoias etc.), de prestacións, de cobranza de débedas, dunha porcentaxe patrimonial ou de dereitos determinados específicos.
Estes bens, ós que se denomina “legados”, sepáranse da herdanza e non son obxecto de repartición entre as persoas herdeiras. A concesión dun legado só se pode facer por testamento e indicándoo de forma expresa, cun límite: non pode prexudicar en ningún caso a lexítima das herdeiras e herdeiros forzosos.
3. Podo deixar parte do meu testamento ou legado a MSF aínda que teña descendentes?
Si. Segundo establece a lei, poderías dispoñer para esta finalidade o terzo de libre disposición da herdanza. Á marxe das excepcións establecidas nos dereitos forais, sempre que haxa descendentes (fillos, fillas, netos, netas etc.) con dereito á herdanza, a lei establece que se divide en tres partes:
1. O terzo de lexítima: Repártese entre os fillos e fillas a partes iguais Se algún ou algunha finou, herdan os seus descendentes por dereito de representación, a partes iguais. A persoa testadora non pode dispoñer libremente desa parte, malia que o desexe.
2. O terzo de mellora: a persoa testadora ten certa dispoñibilidade sobre esta parte á hora de adxudicala. Debe repartirse entre fillos e fillas e descendentes, mais non necesariamente a partes iguais: pódese beneficiar a unhas persoas fronte a outras.
3. O terzo de libre disposición: A persoa testadora pode deixarllo a quen queira, sexa familiar ou non, podendo ser unha persoa xurídica. Sobre esta parte pode decidir con absoluta liberdade. Se existen unha ou varias causas ou ONG coas que sempre te identificaches, podes elixir incluílas no testamento cando te informes sobre o seu traballo.
4. Quen son as e os herdeiros forzosos?
Son as persoas ás que a lei recoñece o dereito a herdar, ó menos, unha porción do patrimonio da persoa finada, chamada "lexítima".
Son herdeiras e herdeiros forzosos, en primeiro lugar, os fillos e fillas (tanto naturais como por adopción, matrimoniais e non matrimoniais) e os seus descendentes (netos e netas etc.) e, de non os haber, os pais e nais e ascendentes.
Pola súa parte, o viúvo ou a viúva herdará na forma que se establece legalmente.
Se non existen herdeiras e herdeiros forzosos, no testamento poderás dispoñer con total liberdade de todo o teu patrimonio.
5. Se nalgún momento cambio de opinión, podo cambiar o meu testamento?
O testamento pódese cambiar tantas veces como se queira. Non existen límites legais respecto ó numero de cambios. Ó ser un documento totalmente persoal, non terás que dar explicacións a ninguén. Só necesitas contactar coa túa notaría e redactar un novo testamento. O testamento máis recente é o que terá valor legal.
6. Como podo incluír a Médicos Sen Fronteiras no meu testamento?
Existen diferentes maneiras de ter presente a Médicos Sen Fronteiras no teu testamento, dependendo das túas circunstancias:
- Podes nomear a Médicos Sen Fronteiras herdeira universal, entregándolle todos os teus bens, dereitos e accións.
- Se queres deixar os teus bens a máis dunha persoa ou institución, podes nomear a Médicos Sen Fronteiras coherdeira, sinalando no testamento a porcentaxe asignada a cada unha das partes.
- Podes deixar a Médicos Sen Fronteiras un legado, é dicir, algo concreto. Pode ser unha cantidade determinada de diñeiro, unha porcentaxe sobre o valor total do patrimonio, unha propiedade inmobiliaria ou bens inmobles (obras de arte, antigüidades, xoias etc.).
7. Afecta o imposto de sucesións á herdanza ou legado que se realice a favor de Médicos Sen Fronteiras?
Médicos Sen Fronteiras é unha persoa xurídica e, como tal, non está suxeita ó imposto de sucesións. Así mesmo, e dado que somos unha organización non lucrativa declarada de utilidade pública, os ingresos que recibimos por herdanzas e legados están exentos no imposto de sucesións.
Isto significa que o legado ou a parte de herdanza que outorgues a Médicos Sen Fronteiras non se verá nunca minguada por estes impostos.
8. Que información teño que incluír para nomear a Médicos Sen Fronteiras no meu testamento e teña validez?
Os datos identificativos necesarios para incluír a Médicos Sen Fronteiras no teu testamento son os seguintes:
Información legal: Médicos Sen Fronteiras España, con CIF G-58277534.
Enderezo fiscal: c/ Zamora, 54, 08005 Barcelona.
9. Como sabe Médicos Sen Fronteiras que unha persoa testou o legado ó seu favor?
A notaría que autorizase o testamento está obrigada, no momento en que chegue ó seu coñecemento o pasamento da persoa testadora, a notificar o nomeamento ás entidades non lucrativas que aparezan no mesmo.
Se no testamento se nomeou unha persoa testamenteira, esta debe notificar o seu nomeamento a todos os beneficiarios e beneficiarias do testamento xa que está obrigada a facer cumprir a vontade da persoa finada. Se non hai unha persoa testamenteira, os herdeiros e herdeiras deben poñerse de acordo, porque, na partilla da herdanza, todas as persoas beneficiarias incluídas no testamento deben estar presentes, xa que, do contrario, non se podería facer a devandita partilla.
De tódolos xeitos, se decides incluír a Médicos Sen Fronteiras no teu testamento, rogámosche que nolo comuniques, chámanos ó 900 494 275 ou escríbenos un correo electrónico a herencias@msf.org.
Ter esta información e os teus datos permítenos ademais ter un contacto fluído e compartir contigo no correo electrónico as nosas novas e eventos. Manter este contacto e esta relación é unha forma de facerte partícipe dos nosos retos e coñecer mellor que che interesa saber do noso traballo.
10. Que ocorre se non se fai testamento?
Se a persoa finada non fixo testamento e non estableceu quen será o seu herdeiro ou herdeira, será a lei a que os nomee, seguindo unha orde de parentesco En caso de ausencia das herdeiras e herdeiros designados pola lei (herdeiros legais), a lei designa como herdeiro ó Estado.
11. Podo incluír a Médicos Sen Fronteiras na miña póliza de seguros?
Si, podes incluír a MSF como beneficiaria do teu seguro de vida. Se desexas colaborar coa organización desta maneira, tes que indicarllo á túa empresa aseguradora; en tal caso, tamén che pedimos que nos comuniques a túa decisión, para que, chegado o momento, poidamos facela efectiva.
-
© BASTIAN FISCHER Somos honestos e independentesRecadamos fondos destinados a proxectos concretos e exclusivamente cando son necesarios. Se o proxecto conclúe, retornamos o excedente a quen colaborou.
Como nos financiamos?
Así procuramos fondos e así os usamos.
-
O 99% dos nosos fondos son privados
Financiámonos grazas ó apoio e compromiso dos nosos socios e socias e das doazóns de colaboradores que confían na nosa organización.
Destinamos case 9 de cada 10 euros á nosa misión social
O 88% dos nosos fondos destínanse ós proxectos de asistencia médico-humanitaria e ás actividades de testemuño. O 12% restante corresponden ó traballo de captación de fondos e ás tarefas de administración.
Controlamos os fondos até que chegan ás persoas ás que atendemos
Co noso sistema de control dos fondos, todos os nosos gastos pasan por diferentes revisións e aprobacións en función do seu importe.
As nosas contas están auditadas anualmente por EY
A multinacional Ernst & Young audita anualmente as nosas contas consonte ás normas internacionais de auditoría.
Coa colaboración de