- 
    
          
  © MSF/Sam Taylor Que facemos
 
Cando un grupo humano se ve golpeado pola guerra, a violencia ou a inestabilidade social, ou o país no que vive é fráxil debido á falta de recursos, a falta de acceso ós servizos de saúde convértese en algo xeneralizado: isto significa que moitas persoas non poderán ir ó médico cando o precisen, por moi grave que sexa o seu estado. A atención que proporcionan os nosos equipos intenta cubrir as necesidades máis urxentes, tanto nos diferentes niveis da atención médica (desde a primaria á hospitalaria, pasando pola comunitaria) como a través de actividades de gran impacto na saúde, como as relacionadas coa auga e o saneamento.
- 
    
          
    
              
  Saúde pediátrica
As nosas consultas e salas de hospitalización están cheas de menores de 5 anos e bebés, porque son máis vulnerables á enfermidade.
 - 
    
          
    
              
  Saúde sexual e reprodutiva
Moitas mulleres morren por causas que se poden previr e case sempre por problemas relacionados coa saúde reprodutiva.
 - 
    
          
    
              
  Cirurxía
Estas actividades son tan diversas como os contextos nos que traballamos: desde cirurxías de guerra a cesáreas en clínicas de maternidade ou cirurxías reconstrutivas.
 - 
    
          
    
              
  Vacinación
É unha das formas máis eficaces de reducir a mortalidade infantil; por iso, a pesar das súas dificultades loxísticas, é unha das nosas principais actividades.
 - 
    
          
    
              
  Saúde mental
A atención á saúde mental é esencial para paliar o sufrimento humano: debe ser parte integral da axuda humanitaria e dos coidados médicos.
 - 
    
          
    
              
  Promoción da saúde
Implicar á comunidade é crucial para que o noso labor médico teña éxito, en especial en epidemias.
 - 
    
          
    
              
  Auga e saneamento
Son parte integral da acción médica: reducen a mortalidade e a morbilidade e son cruciais en situacións de rápida deterioración das condicións de vida.
 - 
    
          
    
              
  Artigos de primeira necesidade
Os medios de refuxio e abrigo, os artigos de hixiene persoal ou os utensilios de cociña preservan a saúde e a dignidade das vítimas dunha emerxencia.
 - 
    
          
    
              
  Chagas
É unha infección parasitaria crónica que, sen tratamento, pode ser mortal. Estímase que a padecen 8 millóns de persoas; na súa inmensa maioría non foron diagnosticadas.
 - 
    
          
    
              
  Chikungunya
Chikunguya significa "dobrarse pola dor": as persoas que padecen esta enfermidade adoitan camiñar encurvadas debido á forte dor das articulacións.
 - 
    
          
    
              
  Cólera
Esta enfermidade gastrointestinal aguda pode matar a unha persoa en cuestión de horas. Como a súa propagación é moi rápida, conter un gromo require unha resposta inmediata.
 - 
    
          
    
              
  Dengue
Esta enfermidade vírica emerxente é susceptible de provocar epidemias en moitas rexións do mundo
 - 
    
          
    
              
  Desnutrición
Tres millóns de nenos e nenas morren cada ano de desnutrición ou causas relacionadas. Con todo, esta condición médica pode tratarse facilmente.
 - 
    
          
    
              
  Diarrea
Aínda que se poden tratar facilmente, as enfermidades diarreicas son a segunda causa de morte infantil. A hixiene e o saneamento son esenciais para previr a aparición destas enfermidades.
 - 
    
          
    
              
  Ébola
Somos a organización médica de referencia na resposta a este virus letal. Ademais de dar atención médica, traballamos na contención e a sensibilización comunitaria.
 - 
    
          
    
              
  Enfermidade do sono
A redución de casos foi tan significativa que, con tratamento universal e control da mosca tse-tse, poderiamos soñar con eliminala.
 - 
    
          
    
              
  Febre amarela
Repuntou Esta enfermidade non ten tratamento específico, polo que son esenciais a vacinación e o control vectorial.
 - 
    
          
    
              
  Hepatite C
71 millóns de persoas sofren esta infección crónica.
 - 
    
          
    
              
  Kala Azar
Grazas á nosa experiencia directa, contribuímos a mellorar a diagnose e os protocolos nacionais e internacionais de tratamento.
 - 
    
          
    
              
  Malaria
A diagnose rápida e as terapias con artemisina lograron grandes avances, aínda que centos de miles de persoas seguen enfermando cada ano.
 - 
    
          
    
              
  Meninxite
Esta infección transmítese soamente de persoa a persoa, a través de pingas de saliva. O clima seco e ventoso fomenta a súa propagación.
 - 
    
          
    
              
  Mpox (antes varíola do mono)
A transmisión da mpox ocorre principalmente a través de contacto directo ou indirecto con sangue, fluídos corporais, lesións cutáneas ou mucosas de animais infectados.
 - 
    
          
    
              
  Pneumonía
É a principal causa infecciosa de mortalidade infantil, a pesar de previrse cunha vacina. Lanzamos campañas masivas, mais precisamos unha vacina máis barata.
 - 
    
          
    
              
  Sarampelo
É unha das principais causas de mortalidade infantil, a pesar de que existe unha vacina que a prevén. Cada ano, inmunizamos a centos de miles de nenos e nenas.
 - 
    
          
    
              
  Tuberculose
Levamos 30 anos atendendo a pacientes con TB en todo tipo de contextos, desde zonas en guerra até prisións, e incluíndo as cepas resistentes.
 - 
    
          
    
              
  VIH/sida
Somos unha das organizacións pioneiras no tratamento do VIH en países de renda baixa; agora traballamos no desenvolvemento de novas estratexias adaptadas a países en guerra.
 - 
    
          
    
              
  Violencia sexual e de xénero
A violencia sexual e de xénero (VSG) é unha emerxencia médica, Loitamos e traballamos para poñer ó dispor das e dos superviventes de violencia sexual a atención integral da saúde en todos os nosos proxectos, sen importar a súa idade ou xénero.