Descubre que é a mpox (antes varíola do mono), como se transmite, os seus síntomas e a vacina. Aquí atoparás toda a información actualizada sobre a mpox, unha enfermidade que gañou relevancia nos últimos anos.

Que é a mpox (antes varíola do mono)?

A mpox, anteriormente coñecida como varíola do mono ou varíola símica, é unha enfermidade causada polo virus Mpox, que pertence ó xénero Orthopoxvirus. Este grupo inclúe tamén ó virus varíola, o axente causante da varíola.  A mpox caracterízase por unha erupción cutánea que adoita concentrarse na cara, as palmas das mans e as plantas dos pés.  A enfermidade foi identificada por primeira vez en África en 1970. Existen dúas cepas xenéticas do virus Mpox: a cepa da conca do Congo (África central) e a cepa da de África occidental. As infeccións coa cepa de África occidental xeralmente causan unha enfermidade menos grave comparada coa cepa congolesa.

Como se transmite?

A transmisión da mpox ocorre principalmente a través de contacto directo ou indirecto con sangue, fluídos corporais, lesións cutáneas ou mucosas de animais infectados. A transmisión secundaria de persoa a persoa pode ocorrer mediante contacto estreito con segregacións respiratorias infectadas ou lesións cutáneas dunha persoa infectada. Tamén pode ocorrer a través de obxectos contaminados con fluídos da persoa doente.  A transmisión realízase principalmente por pingas gotículas respiratorias. Aínda que non se demostrou que o virus Mpox se transmita por vía sexual, tamén pode transmitirse a través da placenta (mpox conxénita).

Síntomas

Os síntomas da mpox inclúen unha erupción cutánea distintiva, febre, calafríos, e dor muscular. As lesións da pel adoitan aparecer na cara, as palmas das mans e as plantas dos pés. Os síntomas xeralmente resólvense espontaneamente, aínda que é crucial xestionar os síntomas para evitar complicacións. En caso de infección, a atención médica debe enfocarse en aliviar os síntomas e previr secuelas a longo prazo. 

Unha vacina contra a mpox

Actualmente, non existen tratamentos específicos para a mpox. Porén, un antiviral desenvolvido para tratar a varíola, coñecido como tecovirimat (comercializado como TPOXX), aprobouse para tratar a mpox desde xaneiro de 2022.  A vacinación poder ser unha medida preventiva clave. MSF reclamamos a doazón e o uso de vacinas contra a mpox nos países afectados, especialmente en África. Para diminuír a crecente epidemia na República Democrática do Congo, o goberno de España comprometeuse a doar un 20% do noso stock de vacinas (100.000 viais). Isto daría para poñer 500.000 vacinas que inmunicen ás persoas contra a enfermidade. 

O labor de Médicos Sen Fronteiras

En 2023 e 2024 Médicos Sen Fronteiras respondeu a gromos de mpox en distintas provincias da República Democrática do Congo. Os nosos equipos deron tratamentos ás persoas que padecían esta doenza e levan a cabo seguimentos e labores de sensibilización.