Ó ser parte dunha das seis entidades operacionais de MSF, a sección española forma parte do que chamamos un centro operacional, no que tamén se integran MSF Grecia, MSF LAT e MSF África Oriental, con oficinas en Portugal, Xordania, Senegal e Kenya.

A sede de MSF España atópase en Barcelona. Alén disto, contamos con catro Oficinas Delegadas en España, que contribúen á nosa misión social mediante labores de representación, comunicación, incidencia cidadá e captación de fondos: atópanse en Bilbao, Madrid, Sevilla e Valencia.

En Barcelona están os departamentos de Operacións, Medicina, Loxístico, Finanzas, Recursos Humanos, Comunicación e Captación de Fondos. As persoas á fronte destes departamentos e a actual directora xeral conforman o noso equipo de dirección.

O Departamento de Operacións é o noso centro neurálxico, xa que dirixe as actividades nos proxectos. Divídese en cinco Células (situadas en Barcelona, Nairobi, Amán, Dakar e Bogotá) e unha Unidade de Emerxencias (en Barcelona). Cada un destes equipos encárgase de xestionar as operacións dun grupo determinado de países. As Células e a Unidade de Emerxencias están formadas por especialistas de perfís sanitario, loxístico, financeiro, de recursos humanos e, nalgúns casos, tamén de asuntos humanitarios e de comunicación.

Operacións conta co apoio doutros seis departamentos:

- Médico: reúne a persoal experto en diferentes áreas médicas, paramédicas e de xestión de servizos sanitarios.

- Loxístico: xestiona o funcionamento estrutural dos nosos proxectos (transporte, aprovisionamento, construción, auga e saneamento etc).

- Recursos Humanos: recruta e desenvolve ás persoas que traballamos en MSF.

- Finanzas: consolida os nosos ingresos e gastos, e asegúrase do cumprimento do orzamento.

- Comunicación: articula a nosa voz externa, canalizando a nosa información á opinión pública.

- Captación de Fondos: desenvolve a nosa base de socios, socias e doantes, co fin de garantir a nosa independencia económica.

Ademais, dous equipos especializados encárganse dos sistemas de información, seguridade de datos e telecomunicacións (Organización e Sistemas) e da análise e reflexión sobre os contextos nos que traballamos (Asuntos Humanitarios).

Paula Gil, presidenta de Médicos Sen Fronteiras España

Queres saber máis?