Buscas un detalle solidario para a túa voda? Agasalla ós teus convidados e convidadas unhas caixiñas de caramelos personalizadas ou unhas tarxetas que simbolizan o teu xesto solidario. Tamén podes enviar unha invitación solidaria ou elixir un produto da nosa tenda.
Os nosos agasallos de voda son a mellor opción para amosar o voso lado máis solidario nun día tan especial. Podedes deseñalos vós moi facilmente, cos vosos nomes e a foto e imaxe que elixades. O pedido chegaravos á casa nun breve prazo logo de facer o pagamento da doazón.
Que podemos facer ca túa doazón?
Coa túa colaboración, atendemos cada día a persoas que precisan axuda médica urxente en máis de 70 países. Para que te fagas unha idea do teu impacto:
- Con 240€, podemos dar o alimento terapéutico queseis nenos e nenas con desnutrición precisan para recuperarse.
- Con 350€, podemos vacinar a máis de 700 nenos e nenas contra a meninxite.
- Con 600€, podemos distribuír paquetes con con artigos de primeira necesidade a 30 persoas refuxiadas
Outras celebracións
Tamén podes elixir estes detalles para outro tipo de celebracións, coma bautizos, comuñóns e calquera evento que queiras converter en solidario..
Tes algunha dúbida?
Chámanos ou mándanos un correo electrónico co que queiras saber.
