-
© Ria Kristina Torrente Traballa connosco
MSF somos unha organización internacional formada por un gran equipo de homes e mulleres de diferentes nacionalidades e perfís laborais que se complementan á hora de levar axuda médico-humanitaria onde máis se precisa.
Estas persoas, ilusionadas e comprometidas co labor de MSF, desenvolven traballos remunerados con perspectivas de formación e continuidade na organización, sexa nos proxectos que levamos a cabo nos diferentes contextos e países, na nosa sede en Barcelona ou oficinas delegadas de España, ou en captación na rúa.
En MSF buscamos
-
Anestesistas
Para traballar en MSF neste posto, é importante ser consciente de que o seu labor profesional se exerce, en ocasións, en contextos illados e sen contar cos recursos habituais. Ademais do traballo dentro do quirófano, as e os anestesistas responsabilízanse do estudo das necesidades cirúrxicas, o seguimento de pacientes (incluído o tratamento da dor) e a formación do persoal contratado a nivel local.
-
Cirurxiáns/as
Os recursos nos quirófanos ás veces son limitados (nalgúns casos, nin sequera hai máquina de raios X), e unha parte importante das cirurxías que practicamos son con pacientes vítimas dos conflitos armados e a violencia, aínda que tamén desenvolvemos as nosas actividades noutros contextos.
-
Coordinadores/as de proxecto
O perfil de coordinación de proxecto forma parte do equipo de coordinación das operacións de MSF nun país determinado. Debe garantir a correcta implementación e xestión das actividades e recursos, en consonancia cos obxectivos establecidos para cada un dos proxectos, así como o día a día dos mesmos.
-
Enfermeiros/as
O noso persoal de enfermaría debe ter habilidade para formar e supervisar a un gran número de persoas e en proxectos de tipoloxía moi variada: campañas de vacinación, programas de saúde materno-infantil, axuda a persoas desprazadas que foxen de conflitos etc.
-
Farmacéuticos/as
Os farmacéuticos/as aseguran as mellores prácticas na xestión de medicamentos e equipos médicos, así como o cumprimento das normas nacionais. Son responsables da calidade, pertinencia e adecuada coordinación da cadea de subministración de medicamentos, incluído o almacenamento, distribución e pedido de medicamentos e equipos médicos.
-
Xestores/as de Finanzas e RRHH (administradores/as)
A organización administrativa dun proxecto inclúe tarefas que van desde a xestión dos contratos do persoal até a redacción de perfís de postos de traballo. Respecto á parte financeira, este perfil encárgase do seguimento da contabilidade, a xestión de tesourería, a redacción do informe financeiro mensual etc.
-
Xinecólogos/as
Este perfil é cada vez máis demandado nos proxectos de MSF. O seu labor profesional é exercido, en ocasións, con recursos limitados, en contextos illados e sen contar cos apoios habituais.
-
Loxistas
O perfil de loxista é clave para todos os proxectos de MSF, e implica unha serie de responsabilidades que cobren todas as actividades relacionadas coa asistencia non médica. É responsable da planificación, a coordinación e o seguimento de actividades loxísticas.
-
Matróns/as
Os tipos de proxectos que asignamos a este perfil son moi variados: abrir unha pequena maternidade nun ámbito rural, establecer un programa para responder a problemas de violencia sexual, atender a pacientes nun hospital nunha cidade etc. É necesario, por iso, ter capacidade para adaptarse a cada realidade concreta.
-
Médicos/as
O traballo médico é a base fundamental da acción de MSF. Encomendamos a este perfil facer fronte ás necesidades médicas da poboación, mediante a atención directa a pacientes, e a formación e supervisión do persoal contratado a nivel local.
-
Pediatras
Os nosos pediatras planifican, organizan e avalían as actividades pediátricas en estreita colaboración co persoal sanitario do país nos centros nos que traballa MSF. Estes poden ser centros de atención primaria, clínicas ou hospitais.
-
Psicólogos/as, psiquiatras e especialistas en saúde mental
Estes perfís traballan tanto en emerxencias como en proxectos regulares. A diversidade das nosas intervencións require persoas con variadas competencias e experiencias.
-
Referentes médicos de proxecto
O/a referente médico de proxecto participa na definición, planificación e seguimento das actividades e programas médicos do proxecto consonte os nosos protocolos. Como referente médico de proxecto, coordinarás os recursos humanos e materiais necesarios para garantir a calidade da atención brindada por MSF.
-
Responsables de Comunicación
Desde visitar un asentamento improvisado de persoas desprazadas até documentar as condicións e recoller testemuños de primeira man de persoas que sobreviviron a desastres naturais, os e as responsables de Comunicación de MSF nos proxectos desempeñan un papel vital para garantir que MSF fale do que vemos nas zonas nas que traballamos, ademais de cumprir cos nosos obxectivos de comunicación en liña coas prioridades operativas.
-
Community Engagement, Health Promotion and Social Work Activity Managers
These profiles work in regular and emergency contexts. Health promoters, social workers and community engagement specialists define and implement strategies to support medical activities with the participation of local populations. We understand the community and patient engagement should be embedded in all MSF activities as part of a People Centred Approach (PCA).
-
Outros profesionais
Ás veces, necesitamos promotores/as de saúde e especialistas en participación comunitaria para definir e implementar estratexias coas que apoiar as actividades médicas logo dunha análise de situación coa participación das poboacións locais, profesionais en epidemioloxía para controlar a situación epidemiolóxica nos proxectos, especialistas en asuntos humanitarios para analizar contextos e planificar estratexias de incidencia etc.