Queres traballar nas nosas oficinas?

  • Na sede de MSF en Barcelona e nas oficinas delegadas de España traballamos proporcionando apoio técnico, soporte na xestión, supervisión de proxectos e realizando as demais tarefas necesarias para facer posible a nosa acción humanitaria.

    Sumarse ó equipo de MSF nas oficinas supón comprometerse cos valores e principios da organización, alén de asumir as responsabilidades propias de cada posto de traballo.

    Buscamos persoas motivadas, competentes, flexibles, con capacidade de crítica construtiva e con experiencia consolidada en distintas áreas: loxística, financeira, comunicación, captación de fondos e recursos humanos, principalmente.

    MSF publicamos as postos vacantes en proceso de selección, indicando os requisitos e a forma de facer chegar a túa candidatura. Ten en conta que só se aceptarán e procesarán aquelas candidaturas que respondan a ofertas vixentes.  Non se contestarán candidaturas espontáneas. Practicamos a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nos procesos de selección.

    As persoas son o elemento clave para o éxito da nosa acción. A súa formación e desenvolvemento dentro de MSF é unha das nosas prioridades.