O noso traballo está guiado pola ética médica e polos principios da acción humanitaria. Respectar e defender estes principios permítenos prestar axuda urxente a quen máis o precisa:
Humanidade: todas as persoas teñen dereito a ser asistidas na súa hora de maior necesidade.
Independencia: ningún poder político, económico ou relixioso dita as nosas accións.
Imparcialidade: non preguntamos pola raza, a relixión ou a ideoloxía das persoas ás que atendemos.
Neutralidade: non tomamos partido por ninguén, só polas persoas que precisan axuda.
Ética médica: a nosa obriga é asistir sen causar dano.
Ademais, comprometémonos os seguintes principios e valores:
Proporcionalidade: a nosa asistencia responde equilibradamente ás necesidades que detectamos.
Profesionalidade: temos un compromiso firme coa calidade e a eficacia da axuda.
Proximidade: proporcionamos asistencia directa, sen intermediarios.
Compromiso individual: asumimos unha responsabilidade persoal co noso traballo e aceptamos os riscos que entraña.
Sen ánimo de lucro: non xeramos beneficios para a nosa propia organización, e destinamos os fondos recibidos a acción médica, testemuño, administración e captación de recursos.
Control da axuda: o noso traballo e as nosas finanzas están sometidos a estritas supervisións internas e externas.
Transparencia: as nosas contas e informes financeiros son públicos.