"Non estamos seguros de que a palabra sempre salve vidas, mais si sabemos con certeza que o silencio mata”.

Con esta frase, o presidente internacional de MSF en 1999, James Orbinski, resumía a esencia do testemuño. Fíxoo durante o seu discurso de aceptación do Premio Nobel da Paz en Oslo, unha das ocasións nas que alzamos a voz para denunciar os abusos de que eramos testemuños.

Acción médica e testemuña: é a doble misión social da nosa organización, que foi creada por un grupo de profesionais da medicina e do xornalismo. Ó prestarmos unha atención directa, somos testemuñas de primeira man do sufrimento das persoas ás que asistimos, e por iso podemos expoñer publicamente as responsabilidades de quen causa estas crises, de quen pode darlles resposta e de quen ten capacidade de influencia.

Precisamente por iso, o testemuño é incómodo, e témonos enfrontado moitas veces a un dilema dilema difícil: calar para poder seguir prestando asistencia médica, ou falar e arriscarnos a que nos expulsasen.

Do mesmo modo que a acción médica, as nosas actividades de testemuño e incidencia política lévanse a cabodende a independencia de calquera interese político, económico ou relixioso.

Na serie de vídeos 'Da acción á palabra', contámosche máis a fondo a historia do noso testemuño, dende as súas orixes na guerra de Biafra, pasando por Etiopía, Somalia, Ruanda, Bosnia, Chechenia ou Afganistán (e por outros desastres non relacionados coa violencia como o tsunami e o terremoto de Haití), para acabar nas actuais crises en Siria, Iemen e o Mediterráneo central.

Así é Médicos Sen Fronteiras