Somos unha organización internacional, con decenas de miles de persoas traballando en proxectos en máis de 70 países en todo o mundo: o noso labor non sería eficaz se non nos organizaramos de forma profesional. Neste apartado, explicámosche como son os nosos proxectos e as nosas oficinas, como é a nosa estrutura internacional e que significa ser unha asociación.
Os nosos proxectos nos contextos
Máis de 44.000 profesionais de perfís sanitarios, loxísticos e administrativos, entre outros moitos, traballan nos nosos proxectos en todo o mundo.
Chamamos'misión’ ó conxunto de proxectos nun país determinado. A base de operacións xeralmente instálase na capital dese país. Alí atópase o equipo de coordinación, que inclúe a coordinación xeral e as coordinacións das áreas médica, loxística, financeira e de recursos humanos. En función das características e dimensións do proxecto, pode ser preciso outro persoal de apoien áreas concretas.
Chamamos proxectos ós programas que executan as nosas actividades in situ. A persoa que ocupa a coordinación do proxecto é apoiada por especialistas de perfil médico-sanitario, loxístico, administrativo e financeiro. É aquí onde se atopa o groso do noso persoal, que está formado maioritariamente por profesionais do país, que MSF contratamos directamente: persoal médico xeneralista ou especialista (pediatría, xinecoloxía, cirurxía, anestesia, medicina tropical etc.) de enfermería, farmacia, psicoloxía, loxística, administración, finanzas, saúde comunitaria, sensibilización etc.
Tes máis información sobre os nosos perfís profesionais en sede e nos proxectos no apartado Traballa.