O noso labor humanitario basease nos principios e valores establecidos na Carta Magna: neutralidade, imparcialidade, non discriminación, compromiso persoal e ética médica. Estes valores vívense e póñense en práctica tódolos días nas accións e decisións que tomamos. Por iso, todas as persoas que traballamos nesta organización debemos adoptar estes valores como propios: calquera persoa que se una a MSF, debe aceptar e asinar a Carta Magna, que é parte integral do seu contrato.

CARTA MAGNA DE MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Médicos Sen Fronteiras é unha asociación privada con vocación internacional. A asociación reúne maioritariamente a persoal da medicina e do mundo sanitario e está aberta a outros profesionais útiles á súa misión. Todos se comprometen a honrar os seguintes principios:

Os Médicos Sen Fronteiras socorren ás poboacións desamparadas, ás sobreviventes de catástrofes de orixe natural ou humano, de situacións de conflito, sen ningunha discriminación por raza, relixión, filosofía ou política.

Ó actuar con neutralidade e imparcialidade, os Médicos Sen Fronteiras reivindican, en nome da ética médica universal e do dereito á asistencia humanitaria, a plena e enteira liberdade do exercicio da súa función.

Comprométense a respectar os principios deontolóxicos da súa profesión e a manter unha total independencia de todo poder, así como de toda forza política, económica ou relixiosa.

Na súa condición de voluntarios e voluntarias, miden os riscos e perigos das misións que cumpren e non reclamarán para si mesmos nin para os seus achegados compensación algunha, agás a que a asociación sexa capaz de proporcionarlles.

Así é Médicos Sen Fronteiras

  • Firma de la carta para la creación de MSF en París, en diciembre de 1971

    Un pouco de historia

    Prestamos asistencia urxente nos principais conflitos e desastres dos derradeiros 50 anos.

  • Refugiados sursudaneses en Uganda. Asistencia de emergencias en el hospital de Dzaipi, 11 de marzo de 2014.

    Os nosos principios

    A ética médica e os principios da acción humanitaria guían o noso traballo.

  • Entrega del premio Nobel de la paz a MSF. Lo recibe el Dr. James Orbinski. 10 de octubre de 1999.

    Cando alzamos a voz

    A nosa organización foi creada por profesionais da medicina e do xornalismo. Sabes por que prestamos testemuño?

  • En el quirófano del hospital general de referencia de Popokabaka, el cirujano de MSF Johnny Kasangati y su equipo realizadn una cirugía en un paciente con un intestino perforado por culpa de la fiebre tifoidea. República Democrática del Congo, 17 de septiembre de 2021.República Democrática del Congo, 17 de septiembre de 2021.

    MSF por dentro

    Somos unha organización internacional.

  • Avión en pista de aterrizaje

    Como enviamos axuda?

    Somos capaces de prestar asistencia en cuestión de horas en calquera parte do mundo: sen unha loxística profesional e innovadora non o poderiamos facer.

  • En Georgia, los pacientes de tuberculosis resistente a los medicamentos encuentran esperanza en los nuevos tratamientos. 7 de octubre de 2016.

    Investigación operacional

    Documentamos o traballo que realizamos nos nosos proxectos e compartímolo.