Resumir cinco décadas de axuda médico-humanitaria non é tarefa sinxela.

Médicos Sen Fronteiras nace en 1971, pero as raíces da nosa organización atopámolas na guerra de Biafra.

En 1967, logo de anos de convulsións, a provincia nixeriana declara unilateralmente a súa independencia, e comeza un conflito brutal. Biafra é asediada polo Exército nixeriano: o bloqueo non tarda en provocar unha gran fame que decima a unha poboación xa debilitada pola seca. Isto ocorre diante dos ollos impotentes do Comité Internacional da Cruz Vermella, que traballa en Biafra e ve como incluso os hospitais son bombardeados. Varios membros do equipo da Cruz Vermella consideran que a organización debería facer máis por denunciar o que está ocorrendo, mais o seu mandato non llelo permite. Entre eles hai médicas e médicos franceses que, de volta ó seu país, deciden romper o silencio e falan coa prensa.

Un dos xornais que recolle as súas denuncias é Tonus, un semanario médico que estaba recrutando persoal médico para crear unha brigada internacional de emerxencia. Profesionais da medicina e do xornalismo deciden pasar das palabras ós feitos e únense baixo unha nova bandeira. Médicos Sen Fronteiras.

A asemblea constituínte celébrase en decembro de 1971 na redacción de Tonus, que anuncia en titulares o nacemento “dunha mobilización de vontades determinadas a derrubar as fronteiras que se alzan entre quen ten a vocación de salvar, de atender, e as vítimas da barbarie humana e os desamaños da natureza”. Aínda en plena Guerra Fría, a nova organización defende unha acción médica independente de intereses xeopolíticos: trátase de acudir ás zonas con poboacións vítimas de emerxencia para prestarlles asistencia médica urxente.

Desde entón, proporcionamos asistencia médico-humanitaria nos principais conflitos e desastres dos últimos 50 anos.

Así é Médicos Sen Fronteiras

  • Refugiados sursudaneses en Uganda. Asistencia de emergencias en el hospital de Dzaipi, 11 de marzo de 2014.

    Os nosos principios

    A ética médica e os principios da acción humanitaria guían o noso traballo.

  • Entrega del premio Nobel de la paz a MSF. Lo recibe el Dr. James Orbinski. 10 de octubre de 1999.

    Cando alzamos a voz

    A nosa organización foi creada por profesionais da medicina e do xornalismo. Sabes por que prestamos testemuño?

  • Vehículo de MSF en la pista de aterrizaje de Alek, en Sudán del Sur. 11 de junio de 2013.

    A nosa Carta Magna

    O noso documento fundacional lémbranos quen somos e a que persoas atendemos.

  • En el quirófano del hospital general de referencia de Popokabaka, el cirujano de MSF Johnny Kasangati y su equipo realizadn una cirugía en un paciente con un intestino perforado por culpa de la fiebre tifoidea. República Democrática del Congo, 17 de septiembre de 2021.República Democrática del Congo, 17 de septiembre de 2021.

    MSF por dentro

    Somos unha organización internacional.

  • Avión en pista de aterrizaje

    Como enviamos axuda?

    Somos capaces de prestar asistencia en cuestión de horas en calquera parte do mundo: sen unha loxística profesional e innovadora non poderiamos facelo.

  • En Georgia, los pacientes de tuberculosis resistente a los medicamentos encuentran esperanza en los nuevos tratamientos. 7 de octubre de 2016.

    Investigación operacional

    Documentamos o traballo que realizamos nas nosas intervencións e compartímolo.