Como podes colaborar?

A vosa empresa ou entidade pode realizar máis dun tipo de colaboración: a miúdo son complementarias, o que enriquece aínda máis a nosa relación e maximiza o impacto do voso apoio. As empresas e entidades que colaboran connosco cumpren co noso Código de relación con empresas baseado nos principios e valores da nosa acción.

Contacto: empresas e fundacións

Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.

Médicos Sin Fronteras

Programa de Empresas e Fundacións

Vantaxes fiscais

A vosa empresa ten dereito a deducir da cota íntegra do IS o 40% da achega realizada, e até o 45% para as doazóns realizadas polo mesmo ou superior importe durante polo menos dous anos, co límite do 10% da base impoñible.

Enviarémosvos en abril o certificado fiscal correspondente ás vosas achegas.

  • Fundación Lealtad: ONG acreditada. Dona con confianza.