Que che ofrecemos?

  • Construiremos unha relación de proximidade e poderás facer o seguimento da túa colaboración mediante un contacto permanente co noso equipo de Colaboracións Estratéxicas e o persoal países nos que traballamos.

  • Enviarémosche informes de actividade do proxecto que financies para que poidas avaliar o impacto da túa colaboración.

  • Se o desexas, MSF visibilizaremos esta colaboración nas nosas canles de comunicación como a web e a Memoria en liña.

  • Ofrecerémosche ferramentas para informar ós teus grupos de interese da túa colaboración con MSF, e dispoñerás do noso logo para comunicalo nos teus materiais corporativos.

Como podes colaborar?

Para financiar un proxecto de Médicos Sen Fronteiras, a doazón mínima é de 10.000€.

  • Teléfono

    Podes chamar ó noso equipo de empresas e fundacións de Médicos Sen Fronteiras España ó900 494 270para que poidamos explicarche os nosos proxectos e axudarche no proceso de colaboración.

  • Enderezo electrónico

    Ou escríbenos un correo electrónico.

Vantaxes fiscais para a túa empresa

Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.

Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:

 

Ano 1   

Ano 2   

Ano 3 e seguintes

Doazóns en xeral

35%

35%

35%

Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos)

 - 

37,5%

40%

Límites dedución base liquidable

10%

10%

10%

Contacto: empresas e fundacións

Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.

Médicos Sin Fronteras

Programa de Empresas e Fundacións

  • Fundación Lealtad: ONG acreditada. Dona con confianza.