Cada vez que alguén fai unha gran doazón, en MSF celebramos un éxito. E é que automaticamente convertemos esa achega noutra cifra aínda maior: unha cifra que salva vidas.

 

Unha gran doazón ten un gran impacto

Ó realizar unha doazón superior a 10.000 €, ofrecémosche un contacto personalizado e á túa medida: 

  • Unha relación de proximidade cunha comunicación fluída, na que compartiremos contigo información actualizada sobre o labor que realizamos grazas ó teu apoio.
  • Un trato persoal con membros dos nosos equipos, persoas excepcionalmente motivadas que traballan nos nosos proxectos e que son quen transforman a túa doazón en atención médica alí onde é máis necesaria.
  • Unha serie de propostas de colaboración personalizadas, que che permitirán destinar a túa axuda a proxectos específicos en marcha.
  • Un exercicio de rendición de contas adaptado ás túas necesidades específicas, que che permitirá facer visible o impacto directo e real do teu xesto solidario.
  • Un vínculo próximo a través do contacto permanente co equipo de Colaboracións Estratéxicas, que desde as nosas oficinas responderá de inmediato a todas as túas dúbidas e preguntas e facilitará a túa colaboración.

Grazas pola túa confianza.

Contacta

Se precisas máis información sobre como podes colaborar realizando unha gran doazón ou sobre a repercusión que a túa doazón vai ter no día a día das persoas ás que atendemos, ou se prefires recibir unha proposta de colaboración personalizada, non dubides en contactar connosco:

Imagen de Patricia, trabajadora de MSF

Patricia Trigales

Colaboracións estratéxicas

Vantaxes fiscais para a túa empresa

Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.

Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:

 

Ano 1   

Ano 2   

Ano 3 e seguintes

Doazóns en xeral

35%

35%

35%

Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos)

 - 

37,5%

40%

Límites dedución base liquidable

10%

10%

10%

Vantaxes fiscais para a túa empresa

Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.

Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:

 

Ano 1   

Ano 2   

Ano 3 e seguintes

Doazóns en xeral

35%

35%

35%

Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos)

 - 

37,5%

40%

Límites dedución base liquidable

10%

10%

10%

  • Fundación Lealtad: ONG acreditada. Dona con confianza.