-
© MSF/Mohamed Dayfour Socio estratéxico de emerxencias
Que ofrecemos?
-
Construiremos unha relación de proximidade e poderás facer o seguimento da túa colaboración, mediante un contacto permanente co noso equipo de Colaboracións Estratéxicas, os equipos directivos e o persoal dos proxectos.
-
Enviarémosche os informes de actividade e finanzas da Unidade de Emerxencias de MSF para que poidas avaliar o impacto da túa colaboración.
-
Se o desexas, MSF visibilizará de forma destacada esta colaboración nas súas canles de comunicación, como a web e a Memoria en liña.
-
Ofrecerémosche ferramentas para informar ós teus grupos de interese da túa colaboración con MSF, e dispoñerás do noso logo para comunicalo nos teus materiais corporativos.
Como podes colaborar?
Este tipo de colaboración require achegar un mínimo de 50.000 € anuais e un compromiso temporal a partir de tres anos.
-
Teléfono
Podes chamar ó noso equipo de empresas e fundacións de Médicos Sen Fronteiras España ó900 494 270para que podamos explicarche os nosos proxectos e axudarche no proceso de colaboración.
Enderezo electrónico
Ou escríbenos un correo electrónico.
Vantaxes fiscais para a túa empresa
Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.
Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:
Ano 1
Ano 2
Ano 3 e seguintes
Doazóns en xeral
35%
35%
35%
Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos)
-
37,5%
40%
Límites dedución base liquidable
10%
10%
10%
Contacto: empresas e fundacións
Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.
Programa de Empresas e Fundacións
-
© Santiago D. Risco/MSF Fai unha doazón como empresa