As empresas son clave na nosa sociedade e constitúen parte do tecido social que apoia a Médicos Sen Fronteiras. Por esta razón, en MSF queremos crear un espazo de traballo común con empresas e entidades, que nos permita construír relacións a longo prazo baseadas na confianza e a transparencia.
MSF estableceu un marco que orienta a súa relación co sector empresarial, e cuxo único obxectivo é preservar os principios básicos da acción humanitaria; a misión da organización; a seguridade dos nosos equipos e das persoas ás que atendemos; e a propia imaxe de MSF.
MSF establecerá limitacións totais ou parciais de colaboración ou financiamento cos seguintes sectores:
- Armamentístico.
 - Promoción e venda de tabaco.
 - Extracción de recursos naturais.
 - Xogo e apostas.
 - Pornografía.
 - Alcol.
 - Luxo.
 
Ademais, MSF non establecerá acordos de financiamento con laboratorios farmacéuticos ou empresas de fabricación de material e equipamento médico, para evitar un conflito de intereses. Excepcionalmente, MSF aceptará doazóns en especie destas empresas cando estea xustificado desde o punto de vista médico.
Se a túa empresa pertence a un destes sectores e desexas colaborar connosco, por favor contáctanos para coñecer en detalle os condicionantes.
As empresas que colaboran con MSF deberán ser respectuosas con:
- Os dereitos humanos, así como a dignidade, diversidade e identidade das persoas coas que se relacione.
 - As convencións internacionais relativas á loita contra o racismo e a xenofobia.
 - Os tratados internacionais relativos ó traballo forzoso, o traballo infantil e o dereito de sindicación.
 - O medio ambiente e as normas internacionais que regulan a súa protección e conservación.
 - A lexislación ordinaria vixente, tanto no país no que reside como no ámbito internacional alí onde desenvolva a súa actividade.
 
MSF resérvase en todo momento a potestade de rexeitar unha colaboración ou mesmo devolver unha doazón cando non se axuste a este código de relación con empresas e fundacións, ou cando así o crea oportuno.
Contacto: empresas e fundacións
Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.