Para nós é moi importante chegar ó máximo número de persoas coa nosa mensaxe. Precisamos que se saiba que facemos e para que. Está claro que canta máis axuda recibamos, mellor.
A túa empresa pode colaborar connosco implicando ó cadro de persoal, provedores, clientela, accionistas… e multiplicar así o impacto da colaboración. Como podes facelo? Aquí van algunhas ideas.
Como podes colaborar?
Vantaxes fiscais para a túa empresa
Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.
Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:
Ano 1  | Ano 2  | Ano 3 e seguintes  | |
Doazóns en xeral  | 35%  | 35%  | 35%  | 
Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos)  | -  | 37,5%  | 40%  | 
Límites dedución base liquidable  | 10%  | 10%  | 10%  | 
Contacto: empresas e fundacións
Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.