En MSF aceptamos bens e servizos que precisamos, para investir así este diñeiro que aforramos na nosa acción médica e humanitaria.
En función do tipo de colaboración e da súa valoración económica, MSF pode ofrecer distintas contraprestacións para difundila.
Como podedes colaborar?
Podedes colaborar connosco:
- Cedendo a MSF espazos de comunicación e publicidade.
- Prestándonos apoio técnico e competencial.
- Doando bens de xestión e comunicación: software, equipos, telefonía, viaxes etc., supoñen un enorme aforro de custos nos bens e servizos que precisamos para a nosa actividade*.
* MSF non recibe doazóns de medicamentos nin material médico, agás en casos excepcionais.
Vantaxes fiscais para a túa empresa
Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.
Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:
Ano 1 | Ano 2 | Ano 3 e seguintes | |
Doazóns en xeral | 35% | 35% | 35% |
Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos) | - | 37,5% | 40% |
Límites dedución base liquidable | 10% | 10% | 10% |
Contacto: empresas e fundacións
Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.
