Cada día, os nosos equipos documentan o traballo que realizamos nos proxectos. Investigamos as intervencións, estratexias e ferramentas que poden mellorar a calidade, eficacia, pertinencia e a cobertura da atención que ofrecemos ás poboacións en situación de emerxencia.

A nosa carteira de investigación operacional é moi variada e responde ós desafíos médicos ós que os nosos equipos se enfrontan nas crises máis graves nas que traballamos. Pode axudar a comparar a eficacia de dous tratamentos contra a enfermidade do sono, avaliar os resultados dun programa de saúde mental ou estudar o impacto dun novo paquete de atención pediátrica.

Consideramos que este traballo de investigación é útil tanto para nós como para outras organizacións que traballan en crises humanitarias e, por este motivo, difundímolo en publicacións ou congresos especializados.

A investigación operacional pode ser crucial tamén para o traballo de incidencia política ou lobby: os datos recollidos nos nosos proxectos, por exemplo sobre un novo curso de tratamento para unha enfermidade, poden servir para cambiar políticas de saúde en ámbitos rexionais, estatais e até internacionais.

Así é Médicos Sen Fronteiras

  • Firma de la carta para la creación de MSF en París, en diciembre de 1971

    Un pouco de historia

    Prestamos asistencia urxente nos principais conflitos e desastres dos derradeiros 50 anos.

  • Refugiados sursudaneses en Uganda. Asistencia de emergencias en el hospital de Dzaipi, 11 de marzo de 2014.

    Os nosos principios

    A ética médica e os principios da acción humanitaria guían o noso traballo.

  • Entrega del premio Nobel de la paz a MSF. Lo recibe el Dr. James Orbinski. 10 de octubre de 1999.

    Cando alzamos a voz

    A nosa organización foi creada por profesionais da medicina e do xornalismo. Sabes por que prestamos testemuño?

  • Vehículo de MSF en la pista de aterrizaje de Alek, en Sudán del Sur. 11 de junio de 2013.

    A nosa Carta Magna

    O noso documento fundacional lémbranos quen somos e a que persoas atendemos.

  • En el quirófano del hospital general de referencia de Popokabaka, el cirujano de MSF Johnny Kasangati y su equipo realizadn una cirugía en un paciente con un intestino perforado por culpa de la fiebre tifoidea. República Democrática del Congo, 17 de septiembre de 2021.República Democrática del Congo, 17 de septiembre de 2021.

    MSF por dentro

    Somos unha organización internacional.

  • Avión en pista de aterrizaje

    Como enviamos axuda?

    Somos capaces de prestar asistencia en cuestión de horas en calquera parte do mundo: sen unha loxística profesional e innovadora non o poderiamos facer.