Cada ano, máis de tres millóns de nenos e nenas menores de 5 anos morren de desnutrición ou por causas relacionadas coa mesma. O 80% dos casos de desnutrición nas súas formas máis agudas concéntranse en tan só 20 países do mundo, concretamente na África subsahariana (países do Sahel e o Corno de África) e nalgunhas zonas do sur de Asia. Nalgunhas rexións do mundo, como o Sahel, a consunción é particularmente frecuente durante o período de escaseza que se dá entre as colleitas (tamén coñecido comohunger gap).
Que é a desnutrición?
A calidade dos alimentos, e en especial o acceso a alimentos de orixe animal (leite e derivados lácteos, ovos, carne ou peixe), é fundamental para a boa nutrición na primeira infancia. Porén, nos países con menos recursos, moitas familias non poden pagar estes alimentos, e en situacións de crise nin sequera están dispoñibles. Cando unha persoa non inxire os nutrientes suficientes para cubrir as súas necesidades, o corpo comeza a consumirse: primeiro perde graxa e logo músculo.
A falta de nutrientes esenciais é moi grave na idade de crecemento. A idade crítica vai desde os 6 meses –cando os bebés comezan a tomar outros alimentos amais do leite materno– ós 2 anos. Pero tamén son moi vulnerables as nenas e nenos de ata 5 anos (así como os e as adolescentes, as mulleres embarazadas ou lactantes, as persoas maiores e as persoas con enfermidade crónica).
Unha dieta equilibrada debe incluír proteínas e ácidos graxos esenciais, vitaminas e minerais como calcio, potasio, zinc e ferro. A carencia destes nutrientes impide resistir ás infeccións: as defensas debilítanse e aumenta o risco de morrer de malaria, pneumonía, diarrea, sarampelo ou sida, as cinco enfermidades responsables da metade das case 10 millóns de mortes anuais de menores de 5 anos.
Como se diagnostica?
Os nosos equipos utilizan nas operacións o brazalete MUAC (do inglés middle upper arm circumference, circunferencia mesobraquial) para facer a triaxe entre os nenos e as nenas que precisan unha diagnose e os que non. A desnutrición diagnostícase mediante valores antropométricos: o peso e o talle (índice peso/talle) ou a idade e o talle (índice talle/idade); segundo estas medidas, diagnostícase desnutrición aguda moderada ou aguda severa. A presenza de edemas tamén contribúe á diagnose.
A forma máis habitual de desnutrición aguda severa é omarasmo: caracterízase por un peso moi baixo en relación á altura, ou por unha delgadeza extrema e grave enfraquecemento. Outra forma é o kwashiorkor, caracterizado pola presenza de edemas (inchazón) nos pés e pernas, que poden aparecer en todo o corpo nas formas máis graves da enfermidade. Máis do 25% dos nenos e nenas con desnutrición severa morren se non reciben tratamento; a vulnerabilidade é maior ata os 2 anos de idade.
Como se trata?
Nos seus programas ambulatorios de nutrición para nenos e nenas sen complicacións médicas, MSF utiliza alimentos terapéuticos preparados (RUTF) e tratamento médico de soporte. O ideal sería utilizar os alimentos dispoñibles localmente, pero os RUTF ofrecen a vantaxe de que non precisan auga para preparalos e teñen unha data de caducidade longa, polo que poden dispensarse en todo tipo de contornas e permiten seguir o tratamento na casa.
Os RUTF son unha pasta a base de leite en po enriquecida, cacahuete, aceite e azucre, e conteñen todos os macro e micronutrientes que precisan os nenos e nenas con desnutrición severa. Non conteñen auga (son resistentes á contaminación bacteriana) nin tampouco a precisan para a súa inxesta, xa que se poden consumir directamente desde o envoltorio. O seu uso permitiu ampliar moito o potencial dos programas nutricionais: estas nenas e nenos só van ó centro de saúde unha vez á semana, para visitas de control nas que tamén se aproveita para vacinalos.
Pola súa banda, os nenos e nenas con complicacións son hospitalizados e tratados con leites terapéuticos, especialmente deseñados para estabilizar o seu metabolismo; ademais, reciben medicación para as demais afeccións que poidan sufrir.
MSF e a desnutrición
As intervencións en emerxencias nutricionais son unha constante ó longo da nosa historia. Países como Níxer, Etiopía, Somalia, Sudán, Uganda, Angola ou a India foron escenario de intervencións dos nosos equipos para reducir a mortalidade e morbilidade infantil por esta causa. En 2022, hospitalizamos para o seu tratamento a 127.400 nenas e nenos con desnutrición.
Nestes programas, instalamos centros de nutrición, que poden ser de nutrición terapéutica ou de nutrición suplementaria. Un centro de nutrición terapéutica (CNT) é unha estrutura dedicada ó tratamento da desnutrición aguda severa. Cando ademais hai complicación médicas, é preciso o ingreso nun CNT hospitalario (tamén chamado “intensivo”), que ofrece atención médica as 24 horas do día. Se non hai complicacións, o tratamento é ambulatorio: hai controis médicos regulares, pero é a nai ou o coidador quen administra o RUTF na casa
Un centro de nutrición suplementaria (CNS) é un centro para desnutrición moderada sen complicacións. O réxime é ambulatorio, con alimentos suplementarios preparados (RUSF): adminístranse como suplemento da alimentación habitual e con revisións médicas semanais.
Alí onde existe o risco de desnutrición severa, MSF distribúe de forma preventiva suplementos nutricionais ós nenos e nenas máis vulnerables, para impedir que o seu estado se deteriore aínda máis.
Diagnóstico de la desnutrición: El papel del MUAC
El diagnóstico de la desnutrición se realiza mediante la medición de indicadores antropométricos como el peso y la talla. Una herramienta clave es el brazalete MUAC (Middle Upper Arm Circumference), que mide la circunferencia del brazo medio superior para identificar casos de desnutrición aguda. Según las medidas obtenidas, se diagnostica desnutrición aguda moderada o aguda severa. Además, la presencia de edemas es otro indicador de desnutrición severa.
Las formas más comunes de desnutrición severa incluyen el marasmo, caracterizado por una delgadez extrema, y el kwashiorkor, que se manifiesta con edemas en las piernas y pies. Sin tratamiento, más del 25% de los niños y niñas con desnutrición severa pueden morir, siendo los menores de 2 años los más vulnerables.
Tratamiento de la desnutrición: Uso de alimentos terapéuticos
Para tratar la desnutrición, Médicos Sin Fronteras (MSF) utilizamos alimentos terapéuticos listos para usar (RUTF, por sus siglas en inglés) en sus programas ambulatorios para niños y niñas sin complicaciones médicas. Estos alimentos terapéuticos, como las pastas a base de leche en polvo, cacahuete, aceite y azúcar, contienen todos los macro y micronutrientes esenciales para la recuperación. Los RUTF no necesitan agua para su preparación, lo que los hace ideales para su uso en entornos con acceso limitado al agua y permite que el tratamiento continúe en casa.
En casos más graves, cuando los niños y niñas presentan complicaciones médicas, son hospitalizados y tratados con leches terapéuticas diseñadas para estabilizar su metabolismo, junto con tratamiento médico adicional para otras enfermedades.
MSF y la lucha contra la desnutrición
Médicos Sin Fronteras hemos intervenido en numerosas crisis de desnutrición alrededor del mundo, en países como Níger, Etiopía, Somalia, Sudán, Uganda, Angola e India. En 2024, MSF ingresamos a 584.700 niños y niñas desnutridos en nuestros programas de alimentación ambulatoria, donde reciben tratamiento con alimentos terapéuticos en centros de nutrición especializados.
Los centros de nutrición se dividen en dos tipos: los centros de nutrición terapéutica (CNT), dedicados al tratamiento de la desnutrición aguda severa, y los centros de nutrición suplementaria (CNS), que tratan casos de desnutrición moderada sin complicaciones. En situaciones de alto riesgo de desnutrición severa, MSF distribuimos suplementos nutricionales de manera preventiva para evitar un deterioro mayor en la salud de los niños y niñas más vulnerables.
O principal reto ó que nos enfrontamos é aumentar o número de nenos e nenas con desnutrición severa que reciben un bo tratamento, sobre todo en contextos inestables ou de conflito. Traballamos en tres direccións: a simplificación do tratamento, a súa integración con outras actividades curativas e preventivas (como a vacinación) e a descentralización ás zonas máis remotas. Tamén traballamos para mellorar a taxa de recuperación dos casos con complicacións que tratamos no hospital (requiren unha atención moi especializada), así como o apoio nutricional ás embarazadas e ás nais durante a lactación.