A pneumonía é unha infección respiratoria aguda que afecta ós pulmóns. Esta enfermidade pode tratarse e pode previrse mediante unha vacina, e con todo segue sendo a principal causa infecciosa de mortalidade infantil. Provoca un 15% das mortes en menores de 5 anos: segundo os últimos datos da Organización Mundial de Saúde, só en 2019 morreron máis de 740.000 nenos e nenas en todo o mundo.
Unas inadecuadas condicións de abrigo e refuxio, un saneamento insuficiente e a masificaciónde persoas poden agravar o risco de que esta e outras infeccións respiratorias se propaguen, por exemplo nunha poboación desprazada, e sobre todo se hai desnutrición infantil. Por iso é unha das enfermidades máis habituais nos nosos centros de saúde en crises de desprazamento.
Como se transmite?
A pneumonía pode ser causada por virus, por bacterias ou por fungos. En menores de 5 anos, a causa de infección máis frecuente son os virus e as bacterias pneumococo e Haemophilus influenzae tipo b (Hib, que causa a gripe tipo B). Propáganse por vía aérea, ó tusir ou esbirrar.
Os virus e bacterias entran polo nariz ou a gorxa, e ó ser inhalados poden infectar os pulmóns: o tecido pulmonar inflámase, o que permite que calquera bacteria que alí se atope inicie unha infección secundaria, que se propaga rapidamente polos pulmóns. Os alvéolos énchense de líquido (que se pode espesar) e isto obstaculiza o intercambio de osíxeno entre os pulmóns e o fluxo sanguíneo. A enfermidade pode progresar moi rapidamente, en cuestión de horas, se o neno ou a nena está desnutrido ou padece outras enfermidades, como o sarampelo.
Que síntomas ten?
Os síntomas máis habituais son tose, dificultade respiratoria, taquipnea (aumento da frecuencia respiratoria), a miúdo febre alta (podendo superar os 39 graos) e, nos casos graves, respiración ruidosa ou brusca, cianosis (cor azulada en beizos, mucosas nasais ou unllas), tiraxe intercostal (depresión do bordo inferior da parede torácica ó inspirar mentres a parte superior do abdome se eleva), somnolencia e rexeitamento a beber ou aleitar, podendo chegar a desenvolver sepse (infección xeneralizada).
Como se trata?
En menores de 5 anos, a pneumonía grave de orixe bacteriana trátase con antibióticos mediante inxección ou perfusión, para o cal é precisa a hospitalización durante un período normalmente de 10 días; ademais, adminístranse medicamentos para a febre e debe asegurarse unha correcta hidratación, se é preciso mediante soro. Os nenos e nenas maiores de 2 meses que non teñan signos graves da enfermidade poden ser tratados con antibióticos en atención ambulatoria.
Como se prevén?
A pneumonía pode previrse mediante unha vacina, tanto a pneumocócica conxugada (VNC) como a vacina contra a Hib. Durante os últimos anos producíronse avances no acceso a estas vacinas, aínda que o elevado número de menores que seguen morrendo por esta enfermidade no mundo é un indicador claro de que o camiño percorrido é insuficiente. Parte das barreiras están relacionadas co seu prezo: a VNC por exemplo, que só fabrican Pfizer e GSK, é moi cara.
Como traballamos?
Os nosos equipos tratan a nenos e nenas con pneumonía de forma regular xa que é unha das principais causas de mortalidade infantil nos contextos nos que traballamos. Como a enfermidade pode evolucionar con moita rapidez, é esencial que o tratamento se fagao antes posible. Os casos graves hospitalízanse, mentres que os demais son tratados en ambulatorio. Alén disto, co fin de atender o máximo número posible en zonas illadas, optamos pola formación de axentes comunitarios de saúde, para que poidan diagnosticar a pneumonía nos seus propios pobos, administrar o tratamento cando o caso non sexa grave e derivar só ó centro de saúde ós que si o sexan.
Ademais, estamos ampliando as nosas actividades de vacinación contra o pneumococo. Lanzamos campañas masivas en situacións de emerxencia, por exemplo en poboacións refuxiadas ou desprazadas en Nixeria, Etiopía e Sudán do Sur, e en países coma República Centroafricana estamos vacinando de forma preventiva cada vez que temos a oportunidade; en 2016, tamén vacinamos contra a pneumoníaen Grecia dentro dos nosos programas de asistencia a persoas refuxiadas e migrantes. Mais precisamos que esta vacina reduza o seu prezo, co fin de chegar a máis nenos e nenas noutras emerxencias.
¿Cómo se transmite?
La neumonía puede ser causada por virus, por bacterias o por hongos. En menores de 5 años, la causa de infección más frecuente son los virus y las bacterias neumococo y Haemophilus influenzae tipo b (Hib, que causa la gripe tipo B). Se propagan por vía aérea, al toser o estornudar.
Los virus y bacterias entran por la nariz o la garganta, y al ser inhalados pueden infectar los pulmones: el tejido pulmonar se inflama, lo que permite que cualquier bacteria que allí se encuentre inicie una infección secundaria, que se propaga rápidamente por los pulmones. Los alvéolos se llenan de líquido (que puede espesarse) y esto obstaculiza el intercambio de oxígeno entre los pulmones y el flujo sanguíneo. La enfermedad puede progresar muy rápidamente, en cuestión de horas, si el niño o la niña está desnutrido o padece otras enfermedades, como el sarampión.
¿Qué síntomas tiene?
Los síntomas más habituales son tos, dificultad respiratoria, taquipnea (aumento de la frecuencia respiratoria), a menudo fiebre alta (pudiendo superar los 39 grados) y, en los casos graves, respiración ruidosa o bronca, cianosis (color azulado en labios, mucosas nasales o uñas), tiraje intercostal (depresión del borde inferior de la pared torácica al inspirar mientras la parte superior del abdomen se eleva), somnolencia y rechazo a beber o amamantarse, pudiendo llegar a desarrollar sepsis (infección generalizada).
¿Cómo se trata?
En menores de 5 años, la neumonía grave de origen bacteriano se trata con antibióticos mediante inyección o perfusión, para lo cual es necesaria la hospitalización durante un periodo normalmente de 10 días; además, se administran medicamentos para la fiebre y debe asegurarse una correcta hidratación, si es necesario mediante suero. Los niños mayores de 2 meses que no tengan signos graves de la enfermedad pueden ser tratados con antibióticos en atención ambulatoria.
¿Cómo se previene?
La neumonía puede prevenirse mediante una vacuna, tanto la nemocócica conjugada (VNC) como la vacuna contra la Hib. Durante los últimos años se han producido avances en el acceso a estas vacunas, aunque el elevadísimo número de menores que siguen muriendo por esta enfermedad en el mundo es un indicador claro de que el camino recorrido es insuficiente. Parte de las barreras están relacionadas con su precio: la VNC por ejemplo, que solo fabrican Pfizer y GSK, es muy cara.
¿Cómo trabajamos?
Nuestros equipos tratan a niños y niñas con neumonía de forma regular ya que es una de las principales causas de mortalidad infantil en los contextos en los que trabajamos. Como la enfermedad puede evolucionar con mucha rapidez, es esencial que el tratamiento se haga lo antes posible. Los casos graves se hospitalizan, mientras que los demás son tratados en ambulatorio. Además, con el fin de atender al máximo número posible en zonas aisladas, hemos optado por la formación de agentes comunitarios de salud, para que puedan diagnosticar la neumonía en sus propios pueblos, administrar el tratamiento cuando el caso no sea grave y derivar solo al centro de salud a los que sí lo sean.
Además, estamos ampliando nuestras actividades de vacunación contra el neumococo. Hemos lanzando campañas masivas en situaciones de emergencia, por ejemplo en poblaciones refugiadas o desplazadas en Nigeria, Etiopía y Sudán del Sur, y en países como República Centroafricana estamos vacunando de forma preventiva cada vez que tenemos la oportunidad; en 2016, también vacunamos contra la neumonía en Grecia dentro de nuestros programas de asistencia a personas refugiadas y migrantes. Pero necesitamos que esta vacuna reduzca su precio, con el fin de llegar a más niños y niñas en otras emergencias.
Baixar o prezo da vacina da pneumonía
En 2015, tras anos de conversacións infrutuosas con Pfizer e GlaxoSmithKline (GSK), lanzamos unha campaña internacional de sinaturas para conseguir que as dúas empresas reducisen o prezo da vacina pneumocócica a 4,5 euros por criatura as tres doses precisas. O prezo máis baixo dispoñible é duns 9 euros e só está dispoñible para os países de ingresos baixos a través do mecanismo de financiamento da Alianza GAVI, pagado polos países doantes e polo tanto polos contribuíntes.
Finalmente, en setembro de 2016, GSK decidiu baixar o prezo e Pfizer fixo o propio en novembro, unha decisión que cobre as vacinacións en crises humanitarias; esperamos que as dúas compañías redobren esforzos para incluír a todos os países de renda baixa. En efecto, esta vacina é tan cara que só a metade dos países do mundo puideron comezar a utilizala: nestes momentos, hai nenos e nenas sen protexer contra a pneumonía en países como Indonesia, Iraq, Xordania, Líbano, Romanía, Siria ou Tailandia, entre moitos outros.