As actividades de promoción da saúde están destinadas a mellorar o estado xeral de saúde dunha comunidade e promover o uso dos servizos médicos. Estas actividades teñen o obxectivo de mellorar as competencias que a propia comunidade ten en termos de saúde, mellorando os seus coñecementos e fomentando determinados hábitos e actitudes que permiten ás persoas mellorar o control sobre a súa saúde.

É un proceso recíproco, xa que require achegar información e sistemas de mellorar á comunidade, mais tamén comprender a súa cultura e as súas prácticas.

Cando a implementamos?

A promoción da saúde é esencial para o bo desenvolvemento das actividades de saúde sexual e reprodutiva, atención a pacientes con VIH e tuberculose, prevención e tratamento da malaria, auga e saneamento, ou saúde mental, entre outras. E por suposto, é crucial durante gromos epidémicos: debe informarse ás comunidades de como se transmiten estas enfermidades e como previlas, que síntomas teñen ou que facer cando alguén enferma.

Por exemplo, no caso dunha epidemia de cólera, os equipos explican a importancia de seguir unhas boas prácticas de hixiene, xa que a bacteria transmítese por contacto coa auga, a comida ou as superficies contaminadas. Nun gromo de malaria no que se distribúan mosquiteiros impregnados de insecticida, é esencial explicar o seu funcionamento e importancia. Se nos atopamos en plena epidemia ébola, unha das formas de frear a propagación do virus é asegurar que a comunidade realiza enterramentos seguros nos que non hai contacto directo co corpo. En todos os casos, informamos á comunidade dos servizos médicos que podemos ofrecer e da súa gratuidade.

Como a implementamos?

Á hora de lanzar unha estratexia de promoción da saúde, o primeiro paso que dan os nosos equipos é avaliar a situación –o que en caso de emerxencia debe facerse con rapidez–: que sabe a xente (sobre a crise que motiva a intervención), como están a reaccionar, cales son as súas crenzas e que lles inflúe, se sofren presións sociais, ou que factores culturais son vantaxosos ou prexudiciais nesta situación. Toda esta información servirá para definir a estratexia de traballo: que tipo de comportamento ou hábito queremos promover, mediante que medios, con que axuda (por exemplo, con líderes das comunidades), como informaremos á xente…

A comunicación pode realizarse a través dos máis diversos medios, que deben ser culturalmente aceptables e accesibles para todo o mundo por igual: debe prestarse atención ós idiomas que se falan na zona e a cuestiones sensibles en termos de etnias, confesións relixiosas ou xénero, por exemplo.

Pode ser persoal, grazas a equipos de sensibilización comunitarios e axentes de saúde, a través do propio persoal sanitario no hospital ou centro de saúde, en grupos de pacientes que se axudan e aconsellan mutuamente, ou en reunións con representantes da comunidade. Outros medios moi eficaces de promoción son os folletos e carteis, as cancións, o teatro de rúa, os anuncios na radio, a televisión ou o xornal... Ás veces mesmo unha furgoneta cun megáfono é o método máis fácil para informar dunha vacinación.

¿Cómo la implementamos?

A la hora de lanzar una estrategia de promoción de la salud, el primer paso que dan nuestros equipos es evaluar la situación –lo que en caso de emergencia debe hacerse con rapidez–: qué sabe la gente (sobre la crisis que motiva la intervención), cómo están reaccionando, cuáles son sus creencias y qué les influye, si sufren presiones sociales, o qué factores culturales son ventajosos o perjudiciales en esta situación. Toda esta información servirá para definir la estrategia de trabajo: qué tipo de comportamiento o hábito queremos promover, mediante qué medios, con qué ayuda (por ejemplo, con líderes de las comunidades), cómo informaremos a la gente…

La comunicación puede realizarse a través de los más diversos medios, que deben ser culturalmente aceptables y accesibles para todos por igual: debe prestarse atención a los idiomas que se hablan en la zona y a cuestiones sensibles en términos de etnias, confesiones religiosas o género, por ejemplo.

Puede ser personal, gracias a equipos de sensibilizadores comunitarios y agentes de salud, a través del propio personal sanitario en el hospital o centro de salud, en grupos de pacientes que se ayudan y aconsejan mutuamente, o en reuniones con representantes de la comunidad. Otros medios muy eficaces de promoción son los folletos y carteles, las canciones, el teatro callejero, los anuncios en la radio, la televisión o el periódico... A veces incluso una furgoneta con megáfono es el método más fácil para informar de una vacunación.

O papel clave das comunidades

Implicar ás comunidades na planificación e implementación das nosas actividades non é algo novo: somos unha organización de acción directa e o contacto coas persoas ás que atendemos é persoal. Mais é certo que, ó ser unha organización de emerxencias, cun traballo por definición é temporal, non sempre é sinxelo crear estes vínculos coa comunidade.

Por exemplo, nunha epidemia de cólera, instalar dun día para outro nun lugar determinado un centro de tratamento pode provocar unha reacción negativa se non explicamos que se trata dunha instalación segura, que non é un foco de infección, que canto máis preto estea da comunidade máis rápida e fácil será a atención médica etc. A importancia da comunicación coa comunidade nunca debe perderse de vista.