1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS
MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, con domicilio en c/ Zamora, 54, 08005 Barcelona, España.
2. CALES SON OS TEUS DEREITOS
Podes exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación e/ou oposición ó tratamento, a través do enderezo postal anteriormente citado ou do seguinte enderezo electrónico seleccionf2f@barcelona.msf.org
Así mesmo, se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou os teus dereitos de privacidade, podes presentar unha reclamación:
- Ó noso Delegado de Protección de Datos, a través dos enderezos indicados no apartado “Delegado de Protección de Datos”
Ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica, ou do seu enderezo postal.
3. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Podes contactar co noso delegado de Protección de Datos no enderezo postal de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, ou no enderezo electrónico: DPO.BCN@MSF.ORG.
4. COMO OBTIVEMOS OS TEUS DATOS
Os teus datos obtivémolos directamente de ti porque nolos remites a través dalgunha das vías que MSF ESPAÑA pon ó dispor dos candidatos/as para a xestión das nosas convocatorias de selección de persoal.
Do mesmo modo, os teus datos poden obterse tamén porque os facilitas en portais, webs e outros medios, pertencentes a terceiros, nos que se publican as nosas ofertas de traballo.
5. QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS E PARA QUE OS TRATAMOS
Os datos que tratamos son os datos contidos no currículum vítae que facilitas a MSF ESPAÑA co fin de que poidamo valorar a túa candidatura para optar a postos de traballo vacantes na nosa organización Entre os devanditos datos xeralmente atópanse os seguintes:
- Datos identificativos: Nome, apelidos, DNI así como outros datos identificativos que falicites.
- Datos de contacto: Enderezo, teléfono/s e enderezo electrónico.
- Datos relativos ó seu CV: formación académica, experiencia profesional, nivel de idiomas etc.
Tamén tratamos os datos que se xeren durante o proceso de selección.
6. POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS
MSF pode tratar os teus datos persoais porque o devandito tratamento está lexitimado pola aplicación, a petición túa, das medidas necesarias para aplicar medidas pre-contractuais entre ti e MSF ESPAÑA.
Así mesmo, conservaremos os teus datos persoais para futuros procesos de selección en base ó noso interese lexítimo de axilizar os futuros procesos de selección, sen que iso vulnere os teus dereitos ó térnolos facilitado voluntariamente. Isto é sen prexuízo de que ti poidas opoñerte e exercer os dereitos que se explican no apartado “Cales son os seus Dereitos” indicados máis abaixo.
7. CANDO E POR QUE MOTIVO PODEMOS FACILITAR OS TEUS DATOS A TERCEIROS
Os teus datos poderán ser cedidos ós destinatarios que se indican a continuación, polos motivos que a continuación se explican:
Administracións Públicas: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade
Empresas de auditoría contable: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade
Forzas e corpos de seguridade: cando a nosa organización sexa requirida a facilitar información en cumprimento dunha obrigación legal
Se no futuro MSF ESPAÑA realiza outras cesións de datos persoais, informarémoste oportunamente.
8. DECISIÓNS AUTOMATIZADAS
Informámoste de que os teus datos persoais non son obxecto de decisións automatizadas.
9. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
MSF ESPAÑA ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados en países que non dispoñen de normativa equivalente á europea (“Terceiros Países”). Os devanditos provedores subscribiron con MSF ESPAÑA os contratos de confidencialidade e tratamento de datos esixidos pola normativa para provedores situados en Terceiros Países, aplicando as garantías e salvagardas precisas para preservar a túa privacidade.
Para máis información sobre as garantías á túa privacidade, podes dirixirte ó Delegado de Protección de Datos, a través do enderezo postal e electrónico indicado.
10. DURANTE CANTO TEMPO GARDAREMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS
Informámoste de que os teus datos conservaranse durante un prazo máximo de dous (2) anos trala finalización de cada proceso de selección, sen prexuízo da obrigación de MSF ESPAÑA de actualizar a información da que dispoña. Finalizado o devandito prazo, os teus datos serán eliminados ou, alternativamente, anonimizados.