1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, con domicilio en c/ Zamora, 26, 08001 Barcelona, España.

 

2. CALES SON OS TEUS DEREITOS

Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación e/ou oposición ó tratamento, a través do enderezo electrónico dataprotectionHR@barcelona.msf.org.

 

Así mesmo, se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou os teus dereitos de privacidade, podes presentar unha reclamación:

  • Ó noso Delegado de Protección de Datos, a través dos enderezos postais e electrónicos indicados.
  • Ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica, ou do seu enderezo postal.

 

3. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Podes contactar co Delegado de Protección de Datos de MSF ESPAÑA no enderezo anteriormente citado ou ben no seguinte enderezo electrónico: DPO.BCN@MSF.ORG.

 

4. CÓMO OBTENEMOS OS TEUS DATOS

Os teus datos obtéñense directamente de ti porque nolos remites a través dalgunha das vías que MSF ESPAÑA pon á túa disposición para ofrecerse como voluntario/a para colaborar coa nosa organización.


5. QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS


Os datos que tratamos son os que nos facilitas. Entre os devanditos datos xeralmente atópanse os seguintes:

  1. Datos identificativos: Nome, apelidos e DNI.
  2. Datos de contacto: Enderezo, teléfono(s) e enderezo electrónico.
  3. Datos relativos ó teu CV: formación académica, experiencia profesional, nivel de idiomas etc.
  4. Datos relativos á túa carta de presentación.

Así mesmo, tamén tratamos os datos que se xeren no transcurso da relación entre ti e MSF ESPAÑA.

 

6. PARA QUE OS TRATAMOS

Tratamos os teus datos para valorar o teu perfil como voluntario/a na nosa organización, para xestionar a relación de voluntariado na nosa organización e enviarche información relacionada coa prestación do servizo que nos prestas como voluntario.

 

7. POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS

MSF ESPAÑA pode tratar os teus datos persoais ó resultar preciso para a formalización e desenvolvemento do acordo de voluntariado entre MSF ESPAÑA e ti.

 

8. CANDO E POR QUE MOTIVO PODEMOS FACILITAR OS TEUS DATOS A TERCEIROS


Os teus datos poderán ser cedidos ós destinatarios que se indican a continuación, polos motivos que a continuación se explican:

  1. Administracións Públicas: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade.
  2. Empresas de auditoría contable: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade;
  3. Forzas e corpos de seguridade: cando a nosa organización sexa requirida a facilitar información en cumprimento dunha obriga legal;
  4. Terceiros para cumprir coas obrigas legais que pertencen a MSF ESPAÑA (por exemplo, compañía de seguros)
  5. Provedores que precisen acceder ós teus datos para a prestación de servizos que MSF ESPAÑA contratase ós devanditos provedores, e cos cales MSF ESPAÑA ten subscritos os contratos de confidencialidade e de tratamento de datos persoais necesarios e esixidos pola normativa para protexer a túa privacidade.

Se no futuro MSF ESPAÑA realiza outras cesións de datos persoais, informarémoste oportunamente.

 

9. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS


MSF ESPAÑA ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados en países que non dispoñen de normativa equivalente á europea (“Terceiros Países”). Os devanditos provedores subscribiron con MSF ESPAÑA os contratos de confidencialidade e tratamento de datos esixidos pola normativa para provedores situados en Terceiros Países, aplicando as garantías e salvagardas necesarias para preservar a túa privacidade.

Para máis información sobre garantías en relación a transferencias internacionais de datos podes contactar co noso Delegado de Protección de Datos a través dos enderezos postal e electrónico indicados.

 

10. DECISIÓNS AUTOMATIZADAS


Informámoste de que os teus datos persoais non son obxecto de decisións automatizadas.

 

11. DURANTE CANTO TEMPO GARDAREMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS


Informámoste que os teus datos conservaranse mentres se manteña a túa relación con MSF ESPAÑA e, trala finalización da devandita relación por calquera causa, durante cinco (5) anos. Neste caso, trataranse só para os efectos de acreditar o cumprimento das nosas obrigas legais ou contractuais.

Unha vez rematen os devanditos prazos de prescrición, os teus datos serán eliminados ou, alternativamente, anonimizados.