Vídeo personalizado
Se escolles o noso vídeo solidario personalizarémolo co teu logotipo. Poderás envialo por correo electrónico, a través do teléfono móbil ou compartilo nas túas redes sociais.
A doazón mínima para obtelo é de 1.000 euros. Este vídeo está dispoñible en castelán, inglés, francés, catalán, galego, éuscaro, portugués, italiano e alemán. Se precisas outro idioma, non dubides en consultarnos.
Postal en papel personalizada Novos deseños!!
Outra opción son as postais en papel, as tradicionais.
Para a portada, podedes elixir entre os deseños que preparamos con agarimo para vós e, para o interior, preparamos un modelo de texto destinado a incluír o nome e logo da vosa empresa.
O reverso da postal está dedicado a que compartades o voso compromiso con Médicos Sen Fronteiras: así saberán que, grazas á vosa doazón, moitas persoas recibirán a atención médico-humanitaria que tanto precisan.
Tanto para o interior da postal como para o reverso, preparamos uns textos para facilitarvos a tarefa pero, se o preferides, podedes modificalo e redactalo como máis vos guste.
A postal ten un formato díptico A5 e vén con sobre.
O donativo mínimo para adquirila é de 700 euros máis o custo de impresión e envío das postais. Está dispoñible en castelán, catalán, galego e éuscaro. Se precisas outro idioma, non dubides en consultarnos.
Postal dixital personalizada
Esta postal animada pode personalizarse tamén co logotipo e o nome da túa empresa. Pódese compartir facilmente por mensaxaría instantánea, por redes sociais e por correo electrónico.
A doazón mínima para adquirila é de500 euros. Tamén está dispoñible en castelán, éuscaro, galego, catalán, inglés, francés, portugués, italiano e alemán. E podes consultarnos se precisas outro idioma.
Vídeo 1: Felices Festas Pobo
Vídeo 2: Luces
Vídeo 3: Árbore Colaxe
Vídeo 4: Árbore acuarela
Postal digital 5: Coche con regalos
Caixiñas de caramelos personalizadas Novos deseños!!
Tamén podes felicitar as festas cunhas caixas de caramelos deseñadas por ti, co logo da túa empresa ou a imaxe que elixas. Será un gran detalle para adozar as festas e poderedes conservar a caixiña para outros usos.
Neste caso, a doazón deberá ser de 1.500 euros máis o custo das caixiñas (1 € por caixiña).
Combina varias opcións
Se o prefires tamén podes combinar varias opcións das propostas. Neste caso, contacta connosco e enviámosche un orzamento..
Fai unha doazón, sen materiais/que-podo-facer-eu/doazón a cambio
Se non tes interese nestes materiais, pero queres colaborar, poder facer unha doazón aquí
Contacta
Escríbenos ou chámanos e participa no agasallo solidario.

Agasallo Solidario
Vantaxes fiscais
A vosa empresa ten dereito a deducir da cota íntegra do IS o 35% da achega realizada, e até o 40% para as doazóns realizadas polo mesmo ou superior importe durante polo menos tres anos, co límite do 10% da base impoñible.
Enviarémosvos en abril o certificado fiscal correspondente ás vosas achegas.