Os asolagamentos prodúcense cando grandes volumes de augan anegan repentinamente zonas habitualmente secas. Este fenómeno pode desencadearse por choivas torrenciais, desbordamento de ríos, desxeos, maremotos ou mareas.
Ademais das perdas humanas, os asolagamentos ocasionan danos significativos en infraestruturas e edificacións, así como a destrución de colleitas e gando. En etapas posteriores, xorden problemas de saúde relacionados coa escaseza de auga potable e a presenza de refugallos sólidos.
No noso apartado sobre desastres naturais, explicamos como Médicos Sen Fronteiras responde a estas emerxencias, priorizando tanto as necesidades médicas coma as loxísticas. Nas nosas intervencións, abordamos tanto os impactos directos como indirectos do cambio climático e a degradación ambiental, incluíndo mortes e lesións por eventos climáticos extremoscambios en patróns de enfermidades infecciosas, desnutrición, inseguridade alimentaria relacionada con secas e altas temperaturas, e a perda de vidas e medios de subsistencia debido a graves asolagamentos.