No peche de 2023, máis de sete millóns de persoas e entidades privadas apoiábannos como socias ou colaboradoras en todo o mundo, coas súas achegas regulares ou puntuais. Son a base da nosa independencia  financeira: grazas a elas non dependemos do financiamento dos Gobernos e, así, a nosa acción médico-humanitaria e o noso testemuño poden ser independentes, neutrais e imparciais.

Grazas á nosa base social, é MSF quen decide a que poboacións atendemos, onde e cando o facemos e que tipo de asistencia lles proporcionamos, cun único interese: o das persoas que precisan axuda urxente.

En España, ó peche de 2023, apoiábannos 593.000 persoas e entidades privadas: máis de 485.000 mediante achegas regulares e o resto con achegas puntuais. Sentimos fachenda ó dicir que a nosa base social demostrou, mesmo en momentos de crise económica, o seu gran compromiso coas persoas ás que atendemos fóra das nosas fronteiras.

A este compromiso de quen nos confía as súas achegas, nós respondemos cunha estrita ética do gasto e con rendición de contas. Cremos, de feito, que esta transparencia é unha das claves da confianza e fidelidade que a nosa base social nos vén demostrando desde hai tantos anos.

Se tes interese en apoiarnos, visita Colabora.