1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, con domicilio en c/ Zamora, 54, 08005 Barcelona, España.

2. CALES SON OS TEUS DEREITOS

Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación e/ou oposición ó tratamento, a través do seguinte enderezo electrónico dataprotectionHR@barcelona.msf.org.

Do mesmo modo, se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou os teus dereitos de privacidade, podes presentar unha reclamación:

  • Ó noso Delegado de Protección de Datos, a través dos enderezos postais e electrónicos indicados.
  • Ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica, ou do seu enderezo postal.

     

3. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Podes contactar co Delegado de Protección de Datos de MSF ESPAÑA no enderezo anteriormente citado ou ben no seguinte enderezo electrónico: DPO.BCN@MSF.ORG.

4. COMO OBTEMOS OS TEUS DATOS

Os teus datos obtéñense directamente de ti porque nolos remites a través dalgunha das vías que MSF ESPAÑA pon á túa disposición para ofrecerse como voluntario/a para colaborar coa nosa organización.

5. QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS

Os datos que tratamos son os que nos facilitas. Entre os devanditos datos xeralmente atópanse os seguintes:

  1. Datos identificativos: Nome, apelidos e DNI.
  2. Datos de contacto: Enderezo, teléfono(s) e enderezo electrónico.
  3. Datos relativos ó seu CV: formación académica, experiencia profesional, nivel de idiomas etc.
  4. Datos relativos á súa carta de presentación.

Así mesmo, podemos tratar os datos que voluntariamente facilites ou que se xeren no transcurso da relación entre MSF ESPAÑA e ti.

6. PARA QUE OS TRATAMOS

Tratamos os teus datos para valorar o teu perfil como voluntario/a na nosa organización.

7. POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS

MSF ESPAÑA pode tratar os teus datos persoais porque o tratamento dos teus datos persoais está lexitimado pola aplicación, a petición túa, de medidas precontractuais entre ti e MSF ESPAÑA.

8. CANDO E POR QUE MOTIVO PODEMOS FACILITAR OS TEUS DATOS A TERCEIROS

Os teus datos poderán ser cedidos ós destinatarios que se indican a continuación, polos motivos que a continuación se explican:

  1. Administracións Públicas: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade;
  2. Empresas de auditoría contable: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade;
  3. Forzas e corpos de seguridade: cando a nosa organización sexa requirida a facilitar información en cumprimento dunha obriga legal;
  4. Provedores que precisen acceder ós teus datos para a prestación de servizos que MSF ESPAÑA contratase ós devanditos provedores, e cos cales MSF ESPAÑA ten subscritos os contratos de confidencialidade e de tratamento de datos persoais necesarios e esixidos pola normativa para protexer a túa privacidade

Se no futuro MSF ESPAÑA realiza outras cesións de datos persoais, informarémoste oportunamente.

9. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS

MSF ESPAÑA ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados en países que non dispoñen dunha normativa equivalente á europea (“Terceiros Países”). Os devanditos provedores subscribiron con MSF ESPAÑA os contratos de confidencialidade e tratamento de datos esixidos pola normativa para provedores situados en Terceiros Países, aplicando as garantías e salvagardas precisas para preservar a túa privacidade.

Para obter máis información sobre garantías en relación a transferencias internacionais de datos podes contactar co noso Delegado de Protección de Datos a través dos enderezos postais e electrónicos indicados.

10. DECISIÓNS AUTOMATIZADAS

Informámoste de que os teus datos persoais non son obxecto de decisións automatizadas.

11. DURANTE CANTO TEMPO GARDAREMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS

Informámoste de que os teus datos conservaranse durante un prazo máximo de dous (2) anos, en atención a posibles voluntariados, sempre que non manifestes o contrario nin exerzas o teu dereito de cancelación ou pases a formar parte do noso persoal voluntario ou cadro de persoal. Unha vez remate este prazo, os teus datos serán eliminados ou, alternativamente, anonimizados.