Un tsunami é unha ou varias olas xigantes que avanzan a gran velocidade polo mar e que teñen efectos devastadores se chegan á costa. A meirande parte dos tsunamis son causados por terremotos submarinos (maremotos como os acontecidos en 2004 no océano Índico e en 2011 en Xapón), mais tamén poden provocalos erupcións volcánicas baixo o mar, furacáns ou derrubamentos de grandes masas sólidas na costa.
Unha catástrofe coma esta pode causar a perda repentina de decenas de miles de vidas. Amplas franxas costeiras poden quedar asolagadas, coas súas vivendas e infraestruturas destruídas ou inutilizadas (como portos e estradas), ó que se engaden os graves danos ambientais e económicos (desaparición de pesqueiras, colleitas e gando etc.)
No apartado Desastres naturais contámosche como respondemos a estas emerxencias e cales son as nosas prioridades médicas e loxísticas.