En Médicos Sen Fronteiras somos moi conscientes da importancia de defender, ademais da saúde, a diversidade nas súas distintas formas. En todo o que facemos, temos o deber de visibilizar, representar e coidar desta diversidade. Por este motivo, queremos asegurar e velar por que todas as persoas que visiten o noso sitio poidan acceder ós nosos contidos principais en catro idiomas: español, catalán, galego e éuscaro.

Contidos en tódolos idiomas:

Neste sentido, enfocámonos nos apartados máis atemporais da nosa páxina web: abranguen seccións detalladas sobre os nosos valores, a nosa misión, as nosas orixes, o noso financiamento e o funcionamento interno da nosa organización.

Poderás atopar nos catro idiomas todos os contidos fundacionais e definitorios de Médicos Sen Fronteiras:

  • Quen somos: historia, principios, Carta Magna etc.
  • Que facemos: vacinación, saúde pediátrica, cirurxía etc.
  • Cando intervimos: guerras e violencia, desprazamentos, enfermidades etc.
  • Como nos financiamos
  • Que podes facer ti: colabora, faite socio ou socia, doa, testamento etc.
  • Traballa: nos proxectos, nas oficinas, na rúa
  • Contacta connosco

Por razóns operativas e de recursos, deixamos fóra os contidos de actualidade como novas e comunicados de prensa diarios.

Así, as seccións e documentos que poderán quedar excluídos de tradución serán:

  • As novas e materiais de actualidade
  • As ligazóns a documentos en PDF
  • Os vídeos e elementos gráficos que non permitan tradución

Como organización internacional que valora e fomenta a diversidade, consideramos imprescindible facer accesible a información máis esencial en múltiples idiomas para todas as persoas que nos seguen, apoian ou colaboran connosco.

Atopaches algunha errata?

Intentamos facelo o mellor posible, pero se atopas algunha errata, estaremos encantados de corrixila. Grazas pola túa axuda!