A túa doazón desgrava

As túas doazóns a Médicos Sen Fronteiras desgravan tanto se es un particular, na túa declaración da renda (IRPF), coma se realizas a doazón a través dunha empresa ou fundación no imposto de sociedades (IS).

Ademais, coa nova Lei de Mecenado, desde o 1 de xaneiro de 2024 está desgravación é aínda maior.  

Informámoste aquí de canto desgrava a túa cota de socio/a ou as túas doazóns puntais.

LEI DE MECENADO A PARTIR DE 2024


Persoas físicas (IRPF)

Se es un particular

Os primeiros 250€

Os primeiros 250€ desgravarán o 80%. É dicir, se doas un total de 250€ nun ano, desgravarás 200€.

A partir de 250€

Todo o que does a partir de 250€ desgravará o 40%.                   
 

O teu compromiso continuado ten máis vantaxes

Se colaboraches durante os 2 anos previos, e se tanto no primeiro coma no segundo ano fixeches doazóns iguais ou superiores que o ano anterior, a porcentaxe de dedución incrementa do 40% ó 45% para a parte da doazón que exceda dos 250 euros. Desta maneira, o teu compromiso é recompensado.

(% só para as doazóns a partir do 1/1/2024)

Simulación das diferenzas entre achega recorrente e non recorrente:

No exemplo 1, os 300€ doados en 2024 si que estarían suxeitos á recorrencia. Así, coma sempre, poderías desgravar o 80% dos primeiros 250€, e para os 50€ doados restantes poderías desgravar o 45%.

No exemplo 2, como a doazón de 2023 foi menor que a de 2022, pérdese a recorrencia, e malia que seguirías desgravando o 80% dos primeiros 250€, para os 50€ doados restantes  só poderías desgravar o 40%.

No exemplo 3, en 2022 non se fixo ningunha doazón, aínda non se obtén a recorrencia, aínda que seguirías desgravando o 80% dos primeiros 250€, para os 50€ doados restantes poderías desgravar só o 40%.

  • Exemplos certificado fiscal

O límite da dedución non será superior ó 10% da base liquidable.

Importante: se resides no País Vasco ou en Navarra, as deducións son distintas. A continuación detallámosche a información. De tódolos xeitos, lembra que se tes algunha dúbida podes consultala na Oficina da Axencia Tributaria da túa provincia correspondente.

Se resides en Gipuzkoa, a dedución será do 20% da doazón efectuada, non podendo superar o 30% da base liquidable do IRPF.

Se resides en Navarra, a dedución será do 25% da doazón efectuada. O total de deducións non poderá superar o 25% da base liquidable do IRPF.

Se resides en Araba ou Bizkaia, a dedución será do 30% da doazón efectuada, non podendo ser maior ó 35% da base impoñible do IRPF.  

Persoas xurídicas (Imposto de Sociedades)

Se es unha empresa

Se es unha empresa (persoa xurídica), a porcentaxe de dedución do imposto de sociedades é do 40%, xa sexa das cotas regulares coma das doazóns puntuais.

Ademais, se durante os últimos tres anos fiscais, fixeches doazóns anualmente cunha cantidade igual ou superior ó ano anterior, a porcentaxe da dedución increméntase até o 50%.

O límite da dedución non será superior ó 15% da base impoñible.

Importante: se a túa empresa ten a sede fiscal  no País Vasco ou en Navarra, as deducións son distintas. A continuación detallámosche a información. De tódolos xeitos, lembra que se tes algunha dúbida podes resolvela na Oficina da Axencia Tributaria da túa provincia correspondente.

Para empresas con sede fiscal en Gipuzkoa, o importe da doazón é un gasto deducible en sede do Imposto sobre Sociedades.

Para empresas con sede fiscal en Navarra, o importe da doazón é un gasto deducible en sede do Imposto sobre Sociedades, suxeito a uns límites. A doazón é un gasto deducible no Imposto sobre Sociedades, co límite do maior do 10% da base impoñible ou o 1% dos ingresos do ano fiscal. En ningún caso, da súa aplicación poderá resultar unha base impoñible negativa.

Para empresas con sede fiscal en Araba, a dedución será do 30% da doazón efectuada. O importe total das deducións aplicables (incluíndo as doazóns) está limitado ó 35% da cota líquida. A doazón ten a consideración de gasto non deducible no Imposto sobre Sociedades.

Para empresas con sede fiscal en Bizkaia, a dedución será do 30% da doazón efectuada.  A base da dedución non poderá exceder do 35% da cota líquida do período impositivo. A doazón é un gasto non deducible no Imposto sobre Sociedades.   

Imposto sobre a Renda de non Residentes (IRNR)

Se es unha persoa non residente mais operas no territorio español

Se es unha persoa non residente en España mais operas no territorio español sen establecemento permanente, poderás deducir a doazón nas declaracións do IRNR que presenten feitos impoñibles acaecidos no prazo dun ano desde a data da doazón ou achega.

Poderás deducir o 80% dos primeiros 250€ e o 40% da cantidade que supere estes 250€. Ademais, se durante os últimos dous anos fiscais fixeches doazóns anuais con cantidades iguais ou superiores ó ano anterior, a porcentaxe da dedución increméntase do 40% até o 45%.

A base desta dedución non poderá exceder do 15% da base impoñible do conxunto das declaracións presentadas nese prazo. 
 

Como podo obter o meu certificado fiscal?

Cada ano enviámoslle a tódolos nosos colaboradores/as por correo postal e por correo electrónico certificado o certificado fiscal correspondente a tódalas doazóns realizadas por cotas regulares de socio/a así como o total das doazóns puntuais realizadas durante o exercicio fiscal do ano anterior.

Se queres obter o certificado ou non o recibiches, podes atopalo na túa área privada da nosa páxina web e descargalo aquí: https://www.msf.es/msflogin.

  • Area privada: certificado fiscal

Tamén podes facelo chamándonos ó 900 494 269 (teléfono de balde) ou enviando un correo electrónico a sas@msf.es

Para poder emitir e enviarche o certificado fiscal, é imprescindible que nos achegases previamente o teu NIF, NIE ou CIF,  xunto co teu código postal de residencia e os teus datos de contacto.

Onde se verá reflectido o importe das miñas doazóns no borrador da declaración do IRPF?

Médicos Sen Fronteiras mandaremos a información das túas doazóns realizadas durante o ano anterior e aparecerán reflectidas no teu borrador na casa 723 do Anexo A.2 xunto coas doazóns que realizases a outras organizacións (asociacións e fundacións).

Fai unha doazón

Periodicidad
Canto queres aportar?

Agora, os teus datos persoais

Campos de particular
Campos de empresa
Campos de dirección

Método de pago

Precisaremos a túa conta bancaria

Método de pago
Metodo de pago

Necesitaremos a túa conta bancaria

As doazóns cobraranse entre os días 1 e 7 de cada mes.

política de privacidade
Lin, entendo e acepto a política de privacidade.