De conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais, infórmaseche do seguinte:

1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, con domicilio en c/ Zamora, 54, 08005 Barcelona, España.

2. CALES SON OS TEUS DEREITOS

Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación, e/ou oposición ó tratamento, a través do enderezo postal indicado no apartado “RESPONSABLE DO TRATAMENTO” da presente Política de Privacidade e do seguinte enderezo electrónico sas@msf.es

Así mesmo, cando un tratamento se basee no teu consentimento, tamén tes o dereito para retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada. Poderás exercitar devandito dereito da mesma forma.

Se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou os teus dereitos de privacidade, podes presentar unha reclamación:

  • ó noso Delegado de Protección de Datos, a través dos enderezos postal e electrónico indicados nos apartados “RESPONSABLE DO TRATAMENTO” e “DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS” da presente Política de Privacidade.
  • Ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica, ou do seu enderezo postal.
     

3. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Podes contactar co noso delegado de Protección de Datos no enderezo postal de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, ou no seguinte enderezo electrónico sas@msf.es.

4. COMO OBTIVEMOS OS TEUS DATOS

Se non tivemos relación con anterioridade, obtemos os teus datos a través do presente formulario e tratarémolos conxuntamente cos datos que nos facilites durante a túa relación connosco.

Se xa tivemos relación con anterioridade, os datos de que dispoñemos obtivémolos a través das relacións previas que mantiveches con MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA ou con motivo das relacións que actualmente mantés coa nosa entidade, ben pola túa condición de socio ou socia, por ser doante ou por ter participado ou interactuado nalgunha das nosas campañas ou actividades, ben por ter solicitado que che remitiramos información sobre as nosas actividades, campañas e iniciativas, e por iso facilitáchesnos voluntariamente os teus datos

Porén, tamén podemos obter os teus datos persoais a través do teu sitio web oficial ou corporativo, das túas contas oficiais en redes sociais, ou a través dun terceiro. Nestes casos, na comunicación que acompaña a esta Política de Privacidade, informámoste da orixe dos teus datos e as categorías dos datos facilitados.

5. QUE DATOS TRATAMOS, PARA QUE E POR QUE MOTIVO

A continuación facilitámosche información sobre os datos que tratamos, para que e por que motivo dependendo de se es (1) unha persoa física, (2) un personaxe público ou influencer ou (3) se actúas en representación dunha empresa, podemos tratar os teus datos.

5.1. SE ES UNHA PERSOA FÍSICA

QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS

Os datos que trataremos para as finalidades lexítimas que máis adiante se explican son os seguintes:

- Datos precisos para manter unha relación contigo: nome, apelidos, idade, sexo, idioma de preferencia, enderezo electrónico, teléfono, enderezo postal, achega económica, NIF.

- No caso de que nolos facilitases voluntariamente durante as relacións previas mantidas contigo, tamén podemos dispoñer dos seguintes datos: ámbito familiar, profesión, datos da iniciativa ou voda solidaria (lugar, data, obxectivo, intereses).

Tamén te informamos de que trataremos aqueles datos adicionais que voluntariamente nos facilites durante as futuras relacións e interaccións que manteñas con MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, incluídos os que nos achegues mediante unha rede social ou outra aplicación. Estes datos dependen da túa propia configuración de privacidade, uso da rede social ou aplicación, así como das políticas de privacidade propias de cada rede social ou aplicación, polo que as recomendamos que leas con atención antes de facilitarnos datos a través das devanditas redes sociais ou aplicacións

PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS

Para establecer unha relación de colaboración contigo que faga posible cumprir cos nosos obxectivos fundacionais de prestar axuda médica e humanitaria en calquera parte do mundo en zonas de conflito, tratamos os datos dos nosos socios/as, doantes, activistas, e demais persoas que solicitasen información sobre o noso traballo para as seguintes actividades concretas:

- Enviar información sobre MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA por SMS, teléfono, correo postal, correo electrónico o Whatsapp.

- Solicitar donativos, incrementos de cota e outros tipos de participación (asinar en campañas etc.) e xestionar o cobro dos devanditos donativos.

- Enviar o certificado fiscal.

- Atender as túas consultas cando contactes connosco.

- Convidarte a actos ou eventos que organicemos.

- Realizar enquisas de satisfacción ou organizar reunións para realizar estudos de mercado ou concursos.

- Xestionar a relación contigo.

- Xestionar a actividade de promoción que organices a prol da nosa organización.

- Elaborar perfís, coa información que ti directamente nos proporcionases, que fixeses pública ou que estea publicamente dispoñible, co fin de asegurar a adecuada xestión das actividades anteriormente citadas. A elaboración de perfís non se utiliza, en ningún caso, para adoptar decisións automatizadas que teñan efectos xurídicos ou doutra natureza que che poidan afectar: en todos os nosos procesos de toma de decisións interveñen persoas.

- Xestionar a actividade de promoción que realices a prol da nosa organización.

- Cumprir coas nosas obrigas legais.

Adicionalmente, tamén tratamos os teus datos para o envío, mesmo por medios electrónicos, de comunicacións sobre actividades, campañas e iniciativas de natureza similar a aquelas nas que participases con anterioridade ou sobre as que nos pedises información ou dirixises algunha solicitude á nosa entidade.

Podes opoñerte a recibir este tipo de comunicacións, agora ou en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ó enderezo do noso delegado de Protección de Datos ou dirixindo unha solicitude ó noso enderezo postal, á atención do delegado de Protección de Datos.

POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS

O tratamento dos teus datos persoais, en relación ó mantemento da túa relación con MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA como socio/a, doante, activista ou persoa que solicita información sobre as nosas actividades, está lexitimado ó resultar preciso para dar cumprimento ás obrigas derivadas da devandita relación ou para dar resposta a tal solicitude de información.

O tratamento dos teus datos persoais para o envío de información sobre actividades, campañas ou iniciativas de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA similares a aquelas nas que participases responde a un interese lexítimo da nosa entidade e está autorizado pola normativa vixente.

O tratamento dos teus datos persoais é preciso para cumprir coas nosas obrigas legais.

5.2. SE ES UN PERSONAXE PÚBLICO OU INFLUENCER

QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS

Os datos que trataremos sobre ti para as finalidades lexítimas que máis adiante se explican, limítanse ós teus datos identificativos, de contacto e profesionais (no seu caso), así como os datos adicionais que se xeren no transcurso da relación mantida con MSF ESPAÑA.

PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS

Tratamos os teus datos persoais para manter as relacións de colaboración profesionais entre ti e MSF ESPAÑA. Así mesmo, podemos tratar os teus datos de contacto para enviarche, mesmo por medios electrónicos, comunicacións sobre actividades, campañas e iniciativas de natureza similar baseándonos nas actividades da nosa entidade nas que participaches e/ou nas que amosaches interese organizadas por MSFE.

Así mesmo, tratamos os teus datos persoais para cumprir coas obrigas legais.

POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS

O tratamento dos teus datos persoais responde a un interese lexítimo da nosa entidade expresamente recoñecido pola normativa de privacidade e pola normativa dos servizos da sociedade da información e o comercio electrónico.

Podes opoñerte agora ou en calquera momento ó uso dos teus datos enviando un correo electrónico ó enderezo indicado no apartado “CALES SON OS TEUS DEREITOS” da presente Política de Privacidade.

O tratamento dos teus datos persoais é preciso para cumprir coas nosas obrigas legais.

5.3. SE ACTÚAS EN REPRESENTACIÓN DUNHA EMPRESA

QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS

Os datos que trataremos para as finalidades lexítimas que máis adiante se explican limítanse ós teus datos de contacto corporativo relativos á empresa, entidade ou organización para a que traballas ou coa que colaboras.

Ten en conta que os teus datos de contacto corporativo poden ser facilitados a MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA pola empresa, entidade ou organización para a cal traballas ou colaboras.

PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS

Tratamos os teus datos de contacto corporativo coa exclusiva finalidade de poder manter as relacións comerciais, contractuais ou de colaboración que MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA mantén coa empresa, entidade ou organización para a que traballas ou coa que colaboras.

Adicionalmente, tamén tratamos os teus datos para o envío, incluíndo por medios electrónicos, de comunicacións sobre actividades, campañas e iniciativas de natureza similar a aquelas nas que participases ou a empresa, entidade ou organización para a que prestas os teus servizos, con anterioridade ou sobre as que nos solicitases información ou dirixises algunha solicitude á nosa entidade.

Podes opoñerte a recibir este tipo de comunicacións agora ou en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ó noso delegado de Protección de Datos ou enviando unha solicitude ó noso enderezo postal á atención do delegado de Protección de Datos.

Así mesmo, tratamos os teus datos persoais para cumprir coas obrigas legais.

POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS

O tratamento dos teus datos de contacto corporativo relacionados co mantemento da relación de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA coa empresa, entidade ou organización para a que traballas ou coa que colaboras responde a un interese lexítimo da nosa entidade, expresamente recoñecido pola normativa sobre privacidade.

O tratamento dos teus datos persoais para o envío de información sobre actividades, campañas ou iniciativas de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA similares nas que participases responde a un interese lexítimo da nosa entidade e está autorizado pola normativa vixente.

O tratamento dos teus datos persoais é preciso para cumprir coas nosas obrigas legais.

DURANTE CANTO TEMPO GARDAREMOS OS TEUS DATOS

Gardaremos os teus datos de contacto profesional, mentres se manteña a relación entre a empresa, entidade ou organización coa que traballas, colaboras ou prestas os teus servizos e MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA mentres dita empresa, entidade ou organización non nos comunique o contrario e, trala finalización da devandita relación, durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación. Neste caso, trataranse só para os efectos de acreditar o cumprimento das nosas obrigas legais e contractuais. Finalizados os devanditos prazos de prescrición, os datos serán eliminados ou, alternativamente, anonimizados.

6. CANDO E POR QUE MOTIVO PODEMOS FACILITAR OS TEUS DATOS A TERCEIROS

Os teus datos poderán ser cedidos ós destinatarios que se indican a continuación e polos seguintes motivos:

- Administracións públicas, para o cumprimento das obrigas legais ás que MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA está suxeita pola súa actividade.

- Terceiros, cando sexan precisas para cumprir coas obrigas derivadas das campañas, actividades e iniciativas nas que voluntariamente participes (por exemplo, entidades bancarias e provedores de pasarelas de pagamento).

- Provedores, cando precisen acceder ós teus datos para a prestación de servizos que MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA contratase con eles, e cos que MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA ten subscritos os contratos de confidencialidade e tratamento de datos persoais precisos e esixidos pola normativa para protexer a súa privacidade (por exemplo, imprentas).

Se no futuro MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA realiza outras cesións de datos persoais, informarémostee oportunamente.

7. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS

MSF ESPAÑA pode contratar os servizos de provedores situados en países fóra do Espazo Económico Europeo, en base a decisións de adecuación da Comisión Europea. Neste caso, considérase que o país dispón de normativa equivalente á europea. No caso de que MSF ESPAÑA precise contratar servizos de provedores situados en países que non dispoñen de normativa equivalente á europea, a súa contratación incluirá todas as garantías e salvagardas esixidas pola normativa para preservar a súa privacidade, previa verificación da lexislación do país de destino. As devanditas salvagardas poden consistir na aplicación de cláusulas contractuais e de garantías adicionais ás mesmas, conforme á normativa de cada país de destino, ou de normas corporativas vinculantes aprobadas polas autoridades de protección de datos. Tamén te informamos de que a normativa nos permite enviar os teus datos ós devanditos países, se resulta preciso para dar cumprimento ás nosas obrigas derivadas dun servizo que nos solicitas.

Para obter máis información sobre as garantías á túa privacidade, ou dos países de destino ós cales necesitamos transferir os teus datos para cumprir coas nosas obrigas contractuais contigo, podes dirixirte ó noso Delegado de Protección de Datos, a través dos enderezos indicados no apartado “DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS” da presente Política de Privacidade.

8. DECISIÓNS INDIVIDUAIS AUTOMATIZADAS

MSF ESPAÑA non adopta decisións que poidan afectarche de forma relevante baseadas unicamente no tratamento automatizado dos teus datos. Todos os procesos de toma de decisións da nosa organización realízanse con intervención humana.

9. DURANTE CANTO TEMPO GARDAREMOS OS TEUS DATOS

Os teus datos persoais conservaranse mentres se manteña a túa relación con MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA e, trala finalización da devandita relación por calquera causa, durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación. Neste caso, trataranse só para os efectos de acreditar o cumprimento das nosas obrigas legais e contractuais. Unha vez rematados os devanditos prazos de prescrición, os datos serán eliminados ou, alternativamente, anonimizados.