Esiximos a protección da poboación civil e a misión médica e instamos o Goberno de España a promover na comunidade internacional:
- Investigacións independentes e accións claras que combatan a impunidade dos ataques contra os servizos de saúde.
- A creación de mecanismos de vixilancia internacionais que garantan a protección efectiva do persoal sanitario e das infraestruturas médicas en zonas de conflito consonte coas resolucións 2286 (2016) e 2573 (2021) do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.
- Un esforzo decidido por excluír das lexislacións antiterroristas as actividades humanitarias estritamente imparciais, co fin de garantir o acceso á asistencia médica sen trabas.
*Fonte: Organización Mundial da Saúde (OMS). Última consulta o 12/5/2025
Únete a
#ANosaLiñaVermella
Todas e todos temos unha liña vermella. A nosa é a da humanidade.
En Gaza, Sudán, Ucraína, Líbano… Unha e outra vez, a vida humana queda en suspenso: desprezada, atacada, destruída.
Cada día, en conflitos e guerras en todo o mundo, o principio de humanidade queda enterrado baixo os proxectís.
Segundo a OMS, tan só en 2024 rexistráronse 1.646* ataques contra a misión médica.
O resultado é un sufrimento insoportable:
- Poboacións desposuídas dos seus dereitos máis básicos.
- Familias sen acceso a atención médica nin protección.
- Comunidades atrapadas nun ciclo de violencia e abandono.