1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS
MÉDICOS SEN FRONTEIRAS ESPAÑA, con domicilio en c/ Zamora, 54, 08005 Barcelona, España.
2. CALES SON OS TEUS DEREITOS
Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación e/ou oposición ó tratamento, a través do enderezo postal indicado no apartado “RESPONSABLE DO TRATAMENTO” e do seguinte enderezo electrónico sas@msf.es.
- Ó noso Delegado de Protección de Datos, a través dos enderezos postais e electrónicos indicados nos apartados “RESPONSABLE DO TRATAMENTO” e “DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS”.
- Ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica, ou do seu enderezo postal.
3. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Podes contactar co Delegado de Protección de Datos no enderezo anteriormente citado ou ben no enderezo electrónico: DPO.BCN@MSF.ORG.
4. COMO OBTEMOS OS TEUS DATOS
Os datos dos que dispoñemos sobre ti obtivémolos a través das relacións comerciais, contractuais, ou de colaboración que ti, ou a empresa, entidade ou organización para a cal traballas, colaboras, ou representas mantivo (ou mantén na actualidade) con MSF ESPAÑA.
Se non tivemos relación con anterioridade, obtemos os teus datos cando nolos facilitas directamente (por exemplo, a través dos formularios que cubras) e tratarémolos conxuntamente con aqueles datos que se xeren durante a relación connosco.
No caso de que obteñamos os teus datos a través dun terceiro, informámoste da orixe dos teus datos e as categorías dos datos facilitados na comunicación que acompaña esta Política de Privacidade.
5. QUE DATOS PERSOAIS TEUS TRATAMOS
6. PARA QUE OS TRATAMOS
7. POR QUE MOTIVO PODEMOS TRATAR OS TEUS DATOS PERSOAIS
- Relacións comerciais, contractuais ou de colaboración
- Finalidade
Os teus datos persoais tratámolos coa exclusiva finalidade de poder manter as relacións comerciais, contractuais ou de colaboración que MSF ESPAÑA mantén contigo, ou coa empresa, entidade ou organización para a cal traballas, colaboras, ou que representas. - Lexitimación
O tratamento dos teus datos de contacto corporativo relacionado co mantemento da relación da empresa, entidade ou organización para a cal traballas, colaboras, ou representas con MSF ESPAÑA responde a un interese lexítimo da nosa entidade, expresamente recoñecido pola normativa sobre privacidade.
Así mesmo, tamén poderemos tratar os teus datos persoais cando sexa preciso para a execución dun contrato no que sexas parte ou para a aplicación á túa petición de medidas precontractuais.
- Finalidade
- Comunicacións comerciais
- Finalidade
No caso de que o solicites ou cando a lei nolo permita, tamén poderemos tratar os teus datos para enviarche, mesmo por medios electrónicos, comunicacións sobre actividades, campañas e iniciativas de MSF ESPAÑA. Lexitimación
O tratamento dos teus datos persoais para o envío de información sobre actividades, campañas ou iniciativas de MSF ESPAÑA basease no consentimento expreso. Poderás retirar este consentimento en calquera momento enviando un correo electrónico ó enderezo electrónico indicado no apartado “CALES SON OS TEUS DEREITOS” desta política de privacidade. Esta retirada non afectará a licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Alternativamente, poderemos enviarche este tipo de comunicacións cando responde a un interese lexítimo da nosa entidade que está autorizado pola normativa vixente. Podes opoñerte a recibir este tipo de comunicacións, agora ou en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ó enderezo electrónico indicado no apartado “CALES SON OS TEUS DEREITOS” desta política de privacidade.
- Finalidade
- Obrigas legais
- Finalidade
Tamén podemos tratar os teus datos persoais para cumprir coas nosas obrigas legais. - Lexitimación
O tratamento dos teus datos persoais é preciso para cumprir coas nosas obrigas legais.
- Finalidade
8. DESTINATARIOS
- Administracións Públicas: para o cumprimento das obrigas legais ás que MSF ESPAÑA está suxeita pola súa actividade.
- Autoridades Sanitarias: no caso de que nolo soliciten para protexer intereses vitais da poboación ou para cumprir coas obrigas en materia de saúde pública.
- Xulgados e Tribunais: nos casos previstos pola Lei.
- Forzas e corpos de seguridade: cando a nosa organización sexa requirida a facilitar información en cumprimento dunha obriga legal.
- Provedores que precisen acceder ós teus datos para a prestación de servizos que MSF ESPAÑA contratase ós devanditos provedores, e cos cales MSF ESPAÑA ten subscritos os contratos de confidencialidade e de tratamento de datos persoais necesarios e esixidos pola normativa para protexer a túa privacidade.
9. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
MSF ESPAÑA ten contratados os servizos de provedores situados en países que non dispoñen de normativa equivalente á europea (“Terceiros Países”).
Para máis información sobre garantías en relación a transferencias internacionais de datos podes contactar co noso Delegado de Protección de Datos, a través do enderezo postal e electrónico indicado na presente Política de Privacidade.
10. DURANTE CANTO TEMPO GARDAREMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS
Os teus datos persoais conservaranse mentres se manteña a túa relación ou a relación da túa empresa con MSF ESPAÑA e, trala finalización da devandita relación por calquera causa, durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación. Trala finalización da relación, os teus datos trataranse só a efectos legais de acreditar o cumprimento das obrigas legais, tributarias ou contractuais de MSF ESPAÑA.
Finalizado o devandito prazo, os teus datos serán eliminados ou, alternativamente, anonimizados.