Existe un grupo de empresas que colaboran con MSF. Grazas á súa axuda, salvamos vidas; coas súas doazóns, atendemos a persoas que sofren emerxencias médicas e humanitarias en todo o mundo. Son Empresas Sen Fronteiras 

Se te queres unir a elas nesta causa, fai a túa empresa socia de MSF.

Que ofrecemos?

  • Ofrecerémosche material de difusión para que poidas comunicar á túa clientela, cadro de persoal e ós teus provedores que es unha empresa, comercio ou entidade solidaria.

  • MSF visibilizará a túa colaboraciónnas súas canles de comunicación, na nosa memoria online e no informe anual de empresas e entidades solidarias.

  • Informarémostedas actividades médico-humanitarias da nosa organización mediante comunicacións periódicas.

Como ser unha Empresa Sen Fronteiras?

Realiza doazóns dun mínimo de 1.500 euros anuais, mediante unha cota domiciliada de mínimo 125 euros ó mes ou mediante unha ou varias doazóns até acadar un mínimo anual acumulado de 1.500 euros.

Material de difusión

Dispoñeredes de adhesivos de diferentes tipos para as vosas oficinas, comercios ou entidades, así como logos para a vosa web.

ADHESIVOS: poden ser transparentes (por exemplo para permitir a lectura desde o exterior en portas de cristal) ou con fondo branco (para pegalos dentro das vosas instalacións, en portas etc.). Estes adhesivos miden 24 cm x 12 cm (en éuscaro, 24 x 14,5).

  • Empresa sin fronteras - colaboramos

LOGO WEB: existen dúas versións, unha en gris e outra en cor.

En función da túa doazón, recibirás un número determinado de adhesivos. Para a colaboración mínima anual, recibirás dous adhesivos e o logo para a túa web.

Vantaxes fiscais para a túa empresa

Para as doazóns económicas, as empresas (persoas xurídicas) teñen dereito a unha dedución do 35% na cota íntegra do imposto de sociedades, cun límite do 10% da base impoñible.

Ademais as doazóns fidelizadas durante un mínimo de tres anos terán dereito a unha dedución segundo se presenta na táboa a continuación:

 

Ano 1   

Ano 2   

Ano 3 e seguintes

Doazóns en xeral

35%

35%

35%

Doazóns plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 anos)

 - 

37,5%

40%

Límites dedución base liquidable

10%

10%

10%

Contacto: empresas e fundacións

Para definir unha proposta de colaboración axeitada á túa empresa ou resolver dúbidas.

Médicos Sin Fronteras

Programa de Empresas e Fundacións

  • Fundación Lealtad: ONG acreditada. Dona con confianza.