Moita xente non recibe atención médica simplemente por ser quen é: son persoas que sofren unha exclusión social tan extrema que nin sequera poden ir ó centro de saúde cando están enfermas, e iso ten graves consecuencias para a súa saúde física e mental. A algunhas persoas simplemente o sistema as exclúeas, mentres que outras poden ter medo de procurar axuda.

Entre estes colectivos ós que historicamente MSF atende, atópanse as persoasmigrantes en situación irregular, as minorías oprimidas, os nenos e nenas da rúa, as persoas sen fogar, a poboación penal, as persoas vítimas do consumo de drogas ou as comunidades que viven en suburbios chabolistas onde a insalubridade é extrema.

Os nosos equipos proporciónanlles atención médica e psicolóxica, así como apoio social para facilitarlles o acceso ós sistemas de saúde. Estes programas teñen un compoñente moi importante de testemuño e incidencia política: o noso obxectivo é chamar a atención sobre a exclusión que sofren estas persoas e mobilizar ás organizacións civís locais e ás autoridades competentes para que cubran este baleiro.