Millóns de persoas enferman, sofren e a miúdo falecen todos os anos no mundo por mor de enfermidades que poden tratarse ou previrse mediante unha vacina. Nalgunhas destas enfermidades parece que a loita se deu por perdida hai décadas, mentres que noutros casos os esforzos realizados son insuficientes. O común denominador é que quen as padecen adoitan ser persoas sen recursos, e polo tanto non ofrecen un negocio atractivo para a industria farmacéutica e os institutos de investigación.
Enfermidades esquecidas como o kala azar, o Chagas ou a enfermidade do sono están fóra das axendas da investigación e o desenvolvemento porque non son rendibles. Outras veces, faise negocio á conta das e dos pacientes, como ocorre coa vacina contra a pneumonía, a enfermidade infecciosa máis mortífera na infancia.
En todos estes casos, o resultado é o mesmo: emerxencias desatendidas que provocan mortes que na súa maioría son evitables. Estas son algunhas das máis habituais nos nosos proxectos: