- 
    
            © MSF/Sam Taylor Que facemos
Cando un grupo humano se ve golpeado pola guerra, a violencia ou a inestabilidade social, ou o país no que vive é fráxil debido á falta de recursos, a falta de acceso ós servizos de saúde convértese en algo xeneralizado: isto significa que moitas persoas non poderán ir ó médico cando o precisen, por moi grave que sexa o seu estado. A atención que proporcionan os nosos equipos intenta cubrir as necesidades máis urxentes, tanto nos diferentes niveis da atención médica (desde a primaria á hospitalaria, pasando pola comunitaria) como a través de actividades de gran impacto na saúde, como as relacionadas coa auga e o saneamento.
- 
    
          
    
                Saúde pediátricaAs nosas consultas e salas de hospitalización están cheas de menores de 5 anos e bebés, porque son máis vulnerables á enfermidade. 
- 
    
          
    
                Saúde sexual e reprodutivaMoitas mulleres morren por causas que se poden previr e case sempre por problemas relacionados coa saúde reprodutiva. 
- 
    
          
    
                CirurxíaEstas actividades son tan diversas como os contextos nos que traballamos: desde cirurxías de guerra a cesáreas en clínicas de maternidade ou cirurxías reconstrutivas. 
- 
    
          
    
                VacinaciónÉ unha das formas máis eficaces de reducir a mortalidade infantil; por iso, a pesar das súas dificultades loxísticas, é unha das nosas principais actividades. 
- 
    
          
    
                Saúde mentalA atención á saúde mental é esencial para paliar o sufrimento humano: debe ser parte integral da axuda humanitaria e dos coidados médicos. 
- 
    
          
    
                Promoción da saúdeImplicar á comunidade é crucial para que o noso labor médico teña éxito, en especial en epidemias. 
- 
    
          
    
                Auga e saneamentoSon parte integral da acción médica: reducen a mortalidade e a morbilidade e son cruciais en situacións de rápida deterioración das condicións de vida. 
- 
    
          
    
                Artigos de primeira necesidadeOs medios de refuxio e abrigo, os artigos de hixiene persoal ou os utensilios de cociña preservan a saúde e a dignidade das vítimas dunha emerxencia. 
- 
    
          
    
                ChagasÉ unha infección parasitaria crónica que, sen tratamento, pode ser mortal. Estímase que a padecen 8 millóns de persoas; na súa inmensa maioría non foron diagnosticadas. 
- 
    
          
    
                ChikungunyaChikunguya significa "dobrarse pola dor": as persoas que padecen esta enfermidade adoitan camiñar encurvadas debido á forte dor das articulacións. 
- 
    
          
    
                CóleraEsta enfermidade gastrointestinal aguda pode matar a unha persoa en cuestión de horas. Como a súa propagación é moi rápida, conter un gromo require unha resposta inmediata. 
- 
    
          
    
                DengueEsta enfermidade vírica emerxente é susceptible de provocar epidemias en moitas rexións do mundo 
- 
    
          
    
                DesnutriciónTres millóns de nenos e nenas morren cada ano de desnutrición ou causas relacionadas. Con todo, esta condición médica pode tratarse facilmente. 
- 
    
          
    
                DiarreaAínda que se poden tratar facilmente, as enfermidades diarreicas son a segunda causa de morte infantil. A hixiene e o saneamento son esenciais para previr a aparición destas enfermidades. 
- 
    
          
    
                ÉbolaSomos a organización médica de referencia na resposta a este virus letal. Ademais de dar atención médica, traballamos na contención e a sensibilización comunitaria. 
- 
    
          
    
                Enfermidade do sonoA redución de casos foi tan significativa que, con tratamento universal e control da mosca tse-tse, poderiamos soñar con eliminala. 
- 
    
          
    
                Febre amarelaRepuntou Esta enfermidade non ten tratamento específico, polo que son esenciais a vacinación e o control vectorial. 
- 
    
          
    
                Hepatite C71 millóns de persoas sofren esta infección crónica. 
- 
    
          
    
                Kala AzarGrazas á nosa experiencia directa, contribuímos a mellorar a diagnose e os protocolos nacionais e internacionais de tratamento. 
- 
    
          
    
                MalariaA diagnose rápida e as terapias con artemisina lograron grandes avances, aínda que centos de miles de persoas seguen enfermando cada ano. 
- 
    
          
    
                MeninxiteEsta infección transmítese soamente de persoa a persoa, a través de pingas de saliva. O clima seco e ventoso fomenta a súa propagación. 
- 
    
          
    
                Mpox (antes varíola do mono)A transmisión da mpox ocorre principalmente a través de contacto directo ou indirecto con sangue, fluídos corporais, lesións cutáneas ou mucosas de animais infectados. 
- 
    
          
    
                PneumoníaÉ a principal causa infecciosa de mortalidade infantil, a pesar de previrse cunha vacina. Lanzamos campañas masivas, mais precisamos unha vacina máis barata. 
- 
    
          
    
                SarampeloÉ unha das principais causas de mortalidade infantil, a pesar de que existe unha vacina que a prevén. Cada ano, inmunizamos a centos de miles de nenos e nenas. 
- 
    
          
    
                TuberculoseLevamos 30 anos atendendo a pacientes con TB en todo tipo de contextos, desde zonas en guerra até prisións, e incluíndo as cepas resistentes. 
- 
    
          
    
                VIH/sidaSomos unha das organizacións pioneiras no tratamento do VIH en países de renda baixa; agora traballamos no desenvolvemento de novas estratexias adaptadas a países en guerra. 
- 
    
          
    
                Violencia sexual e de xéneroA violencia sexual e de xénero (VSG) é unha emerxencia médica, Loitamos e traballamos para poñer ó dispor das e dos superviventes de violencia sexual a atención integral da saúde en todos os nosos proxectos, sen importar a súa idade ou xénero.